PPT VARREDORA.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES PARA SUBMINISTRO DE VARREDORA SERVIZO LIMPEZA VIARIA CONCELLO DE FOZ. 1. OBXECTO DO CONTRATO. Establecer as prescricións técnicas que van rexer a contratación do subministro consistente dunha Varredora para o servizo de limpeza viaria do Concello de Foz. 2. CÓDIGO CPV 34144430 Varredoras vías automóbil. 3. DESCRICIÓN DO SUBMINISTRO.CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS. 3.1 Descrición Subministro dunha varredora ríxida non articulada. O vehículo e os equipos poderán ser usados, non poderá ter mais de 12 anos nin máis de 7500 horas de uso. As ofertas presentadas incluirán a marca, modelo, e a descrición do equipamento. 3.2 Características técnicas. A varredora cumprirá como mínimo coas características técnicas que se describen a continuación, sen prexuízo de que, en calquera caso, os compoñentes e restos de elementos estarán baixo cumprimento das condicións técnicas e de seguridade especificadas na normativa que resulte de aplicación. Motor cilindrada cm3 2970 ou superior, potencia mínima 54.5 kW Dúas prazas Diésel Euro 6 Peso máximo autorizado (MMA) 4480 kg Altura máximo sen xirofaro 2000 mm Anchura sen cepillos 1420mm Lonxitude total 4500 mm Tolva mínimo 2 m3 Luces de traballo Dous Cepillos Diámetro de cepillos 850 mm Anchura varrido 1400-2900 mm Velocidade varrido 12 km/h Ángulo dirección dianteiro 48º Ángulo dirección traseiro 24º Radio xiro parede-parede 4 rodas 7,10 m Ventilador aspiración 3.300 rpm ou superior Xirofaro sobre cabina e cámaras de visión traseira DILIGENCIA Para que conste que este PPT que regirá la adjudicación del contrato de suministro de ·Varredora servizo limpeza viaria” del expediente 3038/2026, fue aprobado por Decreto de Alcaldía 2026-0750, del 30/09/2026 Concello de Foz Rúa Álvaro Cunqueiro, 24, Foz. 27780 Lugo. Tfno. 982 140 027 H9Y4HEYL6PRMM4S3EJ77ZYFL7 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.zofedollecnoc//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD 4. PRAZO DE ENTREGA, LUGAR E GARANTÍA. A varredora entregarase co libro de mantemento, instrucións técnicas, manuais de uso e as correspondentes homologacións mercado CE, tarxeta de inspección técnica superada, permiso de circulación, estará ao corrente en todos os impostos, así como tributos ou taxas tanto estatais como autonómicas, municipais. Entregaranse no lugar indicado ao efecto pola administración municipal no prazo de 3 semanas dende a notificación de adxudicación do contrato, co mantemento xeral recentemente realizado, este prazo será orientador, xa que o prazo definitivo será o fixado no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares. Proponse un prazo de garantía de 12 meses. O vehículo entregarase rotulado seguindo as indicacións do Concello. O adxudicatario está obrigado a formar pola súa conta a un grupo designado de condutores e operarios, para o correcto aprendizaxe do uso e mantemento diario dos equipos, en cantas xornadas fora preciso. Na recepción da varredora procederase á realizar as probas que se consideren precisas para verificar o correcto funcionamento e cumprimento do presente prego. 5. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN. Cantidade Descrición Importe € Total € 1 Varredora diesel ríxida articulada 38.016,53 38.016,53 cilindadra de 2790cm3 ou superior, MMA 4480 kg con dous cepillos Subtotal 38.016,53 Ive 21% 7.983,47 TOTAL 46.000,00€ En Foz a data de sinatura A Técnica Municipal V e prace A Alcaldía Vanessa Iglesias Sánchez Francisco Cajoto Caserío

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.