Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
MEMORIA XUSTIFICATIVA De acordo co establecido no artigo 28 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP) os entes, organismos e entidades do sector público non poderán celebrar outros contratos que aqueles que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. A tal efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia delo na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación. - Obxecto do contrato: O obxecto do contrato consistente nas obras de urbanización de praza pública a Coruxeira de Calvos, carece dos medios persoais, materiais e técnicos necesarios para levalo a cabo. Neste senso, o Concello de Fornelos de Montes conta cunha subvención concedida por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (Rexistro de entrada n.º 2026-E-RC-770 de data 25 de xuño de 2026) pola que se concede ao Concello de Fornelos de Montes unha subvención por importe de douscentos vinte mil setecentos oitenta e sete euros con setenta e tres céntimos (220.787,73 €) para o investimento consistente na “Urbanización de praza pública a Coruxeira de Calvos” ao abeiro das bases reguladoras do Plan Provincia Extraordinaria 2025 (Plan Extra 2025) (BOPPO n.º 189 de 3 de outubro de 2025) (Expte. n.º 907/2025). - Necesidades a satisfacer: As necesidades que se pretenden cubrir son as de mellorar a accesibilidade e uso da praza, renovando os pavimentos, renovar o parque infantil coa instalación de novos xogos e equipamentos, e a instalación de pluviais para evitar acumulacións puntuais na praza ou no parque infantil. - Valor estimado do contrato e elección do procedemento: Conforme o artigo 101.a) da LCSP o valor estimado dos contratos de obras será determinado polo órgano de contratación tomando o importe total, sen incluír o IVE, pagadeiro segundo as súas estimacións. 1 DATK7SXJP4XNDZFGRF7YPMRZ7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.solenrof//:sptth :nóiccerroC 4 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.