PCAP_642-2026.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO DE OBRAS “URBANIZACIÓN DE PRAZA PÚBLICA A CORUXEIRA DE CALVOS”, POR PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO, TRAMITACIÓN ORDINARIA, FINANCIADO CON CARGO AO PLAN PROVINCIA EXTRAORDINARIA 2025 (PLAN EXTRA 2025) (EXPTE. 642/2026). PRIMEIRA.- Obxecto e cualificación. 1.1. Descrición do obxecto do contrato. O obxecto do contrato é a execución das obras correspondentes ao proxecto consistente na: URBANIZACIÓN DE PRAZA PÚBLICA A CORUXEIRA DE CALVOS, redactado polo arquitecto técnico, D. Miguel Ángel Pérez Marquina, por un importe total douscentos cincuenta e un mil trescentos tres euros con once céntimos (251.303,11 €) IVE incluído. As necesidades que se pretenden cubrir son as de mellorar a accesibilidade e uso da praza, renovando os pavimentos, renovar o parque infantil coa instalación de novos xogos e equipamentos, e a instalación de pluviais para evitar acumulacións puntuais na praza ou no parque infantil. O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de obras, de acordo co artigo 13 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP). 1.2.- División en lotes do obxecto do contrato. Non procede a división en lotes. A motivación desta indivisibilidade xustifícase ao amparo do artigo 99.3.b) da LCSP dado o risco para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións, xustificada en que, coa división en lotes do obxecto do contrato, perderíase a optimización do control da execución global do mesmo así como na dificultade técnica para execución da obra se o desenvolven diferentes adxudicatarios. Así mesmo, coa non división en lotes do obxecto do contrato, cúmprense cos requisitos de procedemento e publicidade establecidos na normativa de contratación, e cos principios de igualdade e non discriminación establecidos na indicada normativa. 1.3.- Códigos de identificación das prestacións obxecto do contrato. Código nomenclatura CPV: Código CPV Descrición 45262000-1 Traballos de construcción especializada distintos dos traballos de techado SEGUNDA.- Procedemento de selección e adxudicación. A forma de adxudicación de contrato será o procedemento aberto simplificado. A adxudicación do contrato realizarase utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación con base 1 XHS54GXH5D33E9QM6HL26Y63C :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.solenrof//:sptth :nóiccerroC 13 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.