Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
ACTA DE ADMISIÓN DE TODOS OS INTERESADOS MEDIANTE A APERTURA E CUALIFICACIÓN DO SOBRE ELECTRÓNICO A (DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA), APERTURA DO SOBRE ELECTRÓNICO B (CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZO DE VALOR) E REQUIRIMENTO AO SERVIZO DE INFORMÁTICA PARA QUE EMITA INFORME VALORANDO AS OFERTAS FORMULADAS POLAS EMPRESAS INTERESADAS NO SOBRE ELECTRÓNICO B. EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN: 2026/ABSUB/000004 SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL ACTO: Proceder a realizar a apertura e cualificación da documentación contida no sobre electrónico A (documentación administrativa), apertura do sobre electrónico B (criterios avaliables mediante xuízo de valor) e requirimento ao Servizo de Informática para que emita informe. ÓRGANO QUE SE REÚNE: Mesa de Contratación. DÍA: 17/07/2026 LUGAR: Sala de reunións do primeiro andar do Edificio Municipal sito en Michelena 30 HORA DE INICIO: 10:45 horas. HORA DE FIN: 10:55 horas No expediente mencionado na parte superior desta acta e no lugar, día e hora indicados, comparecen as persoas que de seguido se relacionan co obxecto de proceder á realización do acto mencionado no expediente de contratación indicado. ASISTENTES: PRESIDENTE: D. Raimundo González Carballo Concelleiro da área legal e económica SECRETARIO: D. José Francisco González Neira (Xefe do Servizo de Contratación). VOGAIS: Dona Blanca Vega Lorenzo (Interventora Xeral Municipal). D. José Antonio García Mon (Director da Asesoría Xurídica). D. Santiago Pérez Agra (Xefe do Servizo de Informática). A secretaría deste órgano da lectura ás empresas que se presentaron a este procedemento de contratación: EMPRESAS QUE SE PRESENTARON A ALTIA CONSULTORES, S.A. ESTE PROCEDEMENTO DE ECONOCOM SERVICIOS, S.A. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:Y3E320WXPCU6PT7I CONTRATACIÓN SISTEMAS AVANZADOS DE TECNOLOGÍA, S.A. TÉCNICOS ASOCIADOS INFORMÁTICA, S.A.U. Acto seguido, en acto non público, procédese á apertura do sobre electrónico A, que contén a documentación administrativa e a Mesa de Contratación, por unanimidade, acorda: Determinar que a documentación administrativa presentada polas entidades mencionadas anteriormente é correcta e en consecuencia admitir a estas empresas a este procedemento de contratación. Posteriormente, en acto non público, procédese á apertura do sobre electrónico B das ofertas formuladas polas entidade admitidas a este procedemento de contratación correspondentes aos criterios avaliables mediante xuízos de valor, que deben avaliarse con carácter previo á avaliación dos criterios avaliables automaticamente, contidos no sobre electrónico C. Unha vez abertas estas ofertas do sobre electrónico B a Mesa de Contratación, por unanimidade, acorda: Dar traslado destas ofertas contidas no sobre electrónico B para informe por parte do Servizo de Informática. Finalizada a apertura dos sobres, o Sr. Presidente da por finalizado o acto mencionado anteriormente e levanta a sesión do que eu, como Secretario, dou fe. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:Y3E320WXPCU6PT7I