Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
ACTA DE APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN CELEBRADA POLA MESA EN DATA 29/07/2026, ANÁLISE DO INFORME EMITIDO POLO SERVIZO DE INFORMÁTICA SOBRE A XUSTIFICACIÓN DAS OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS, ASIGNACIÓNS DE PUNTUACIÓNS POLAS OFERTAS CONTIDAS NO SOBRE ELECTRÓNICO C (CRITERIOS AVALIABLES A TRAVÉS DE FÓRMULAS) E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN. EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN: 2026/ABSUB/000004 SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL ACTO: Proceder a aprobar a acta da sesión celebrada pola Mesa en data 29/07/2026, análise dos informes emitidos polo Servizo de Informática sobre a xustificación das ofertas con valores anormais ou desproporcionados, asignación de puntuacións polas ofertas contidas no sobre electrónico C e proposta de adxudicación. ÓRGANO QUE SE REÚNE: Mesa de Contratación. DÍA: 05/08/2026 LUGAR: Sala de reunións do primeiro andar do Edificio Administrativo sito en Michelena 30, Pontevedra HORA DE INICIO: 09:41 horas. HORA DE FIN: 09:46 horas No expediente mencionado na parte superior desta acta e no lugar, día e hora indicados, comparecen as persoas que de seguido se relacionan co obxecto de proceder á realización do acto mencionado no expediente de contratación indicado. ASISTENTES: PRESIDENTE: D. Raimundo González Carballo Concelleiro da área legal e económica SECRETARIO: D. José Francisco González Neira (Xefe do Servizo de Contratación). VOGAIS: Dona Mónica Aldao Cid (Xefa do Servicio de Intervención, en funcións de Interventora Xeral Municipal). D. José Antonio García Mon (Director da Asesoría Xurídica). D. Santiago Pérez Agra (Xefe do Servizo de Informática). Aberta a sesión polo Sr. Presidente procédese, como primeiro punto da orde do día, á aprobación, por unanimidade, da acta correspondente á sesión celebrada pola Mesa o 29/07/2026. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:0568W1REE56V8PI2 A continuación, a secretaría da mesa informa que a empresa TÉCNICOS ASOCIADOS INFOR- MÁTICA, S.A.U. (NIF A79054748), requirida para xustificar a súa oferta incursa en presunción de anormalidade, presenta xustificación o día 30 de xullo de 2026. Así mesmo a secretaría da mesa da conta do informe emitido polo Servizo de Informática no expediente de contratación mencionado anteriormente, no que se indica que a empresa TÉC- NICOS ASOCIADOS INFORMÁTICA, S.A.U. xustifica suficientemente a viabilidade da súa oferta en presunción de anormalidade, polo que sería posible levar a cabo a obra ofertada coa proposta económica desa licitadora. Igualmente, nese mesmo informe, procédese a valorar as ofertas admitidas contidas no sobre electrónico C. Os membros da Mesa de contratación, logo de estudar o informe mencionado, por unanimidade, ACORDAN: Primeiro.- Aceptar o informe do Servizo de informática emitido no expediente de contratación mencionado anteriormente, no que se da conta de que a empresa TÉCNICOS ASOCIADOS INFORMÁTICA, S.A.U. (NIF A79054748) xustifica suficientemente a viabilidade da súa oferta en presunción de anormalidade, polo que pode ser cumprida. Segundo.- Considerar, de conformidade co informe anterior, que a oferta da empresa TÉCNI- COS ASOCIADOS INFORMÁTICA, S.A.U. (NIF A79054748) pode ser cumpridas a pesar de presentar valores anormais ou desproporcionados.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.