Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
ACTA DE APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN DA MESA CELEBRADA EN DATA 17/07/2026, ANÁLISE DO INFORME EMITIDO POLO SERVIZO DE INFORMÁTICA SOBRE AS OFERTAS CORRESPONDENTES AO SOBRE ELECTRÓNICO B (CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZOS DE VALOR), ASIGNACIÓN DE PUNTUACIÓNS POLAS OFERTAS CONTIDAS NESE SOBRE, APERTURA DO SOBRE ELECTRÓNICO C (CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS) E REMISIÓN AO SERVIZO DE INFORMÁTICA PARA INFORME. EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN: 2026/ABSUB/000004 SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL ACTO: Proceder á aprobación da acta da sesión da Mesa celebrada en data 17/07/2026, ao análise do informe emitido polo Servizo de Informática sobre as ofertas correspondentes ao sobre electrónico B (criterios avaliables mediante xuízos de valor), asignación de puntuacións polas ofertas contidas nese sobre, apertura do sobre electrónico C (criterios avaliables mediante fórmulas) e remisión ao Servizo de Informática para informe. ÓRGANO QUE SE REÚNE: Mesa de Contratación. DÍA: 22/07/2026 LUGAR: Sala de reunións do primeiro andar do Edificio Municipal sito en Michelena, 30, Pontevedra. HORA DE INICIO: 09:52 horas. HORA DE FIN: 09:58 horas. No expediente mencionado na parte superior desta acta e no lugar, día e hora indicados, comparecen as persoas que de seguido se relacionan co obxecto de proceder a realización do acto mencionado no expediente de contratación indicado. ASISTENTES: PRESIDENTE: D. Raimundo González Carballo Concelleiro da área legal e económica SECRETARIO: D. José Francisco González Neira (Xefe do Servizo de Contratación). VOGAIS: Dona Blanca Vega Lorenzo (Interventora Xeral Municipal). D. José Antonio García Mon (Director da Asesoría Xurídica). D. Santiago Pérez Agra (Xefe do Servizo de Informática). Aberta a sesión polo Sr. Presidente procédese, como primeiro punto da orde do día, á aprobación, por unanimidade, da acta correspondente á sesión celebrada pola Mesa en data 17/07/2026. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:8B6XOG7E2RGQPJS8

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.