Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
2026/ABSUB/000004 Certificación do acordo Raimundo González Carballo, Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra. Certifico: que a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión Ordinaria que tivo lugar o día 11.06.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 5.- SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN. 2026/ABSUB/000004. Examinado o expediente do contrato de subministro con pluralidade de criterios que se menciona na parte dispositiva deste acordo, resultan relevantes os seguintes feitos: 1. Elaborouse o prego de prescricións técnicas do contrato de subministración mencionado na parte dispositiva deste acordo. 2. A Concelleira responsable da área de Promoción da igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía acordou o inicio deste procedemento. 3. Formulouse o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán este procedemento aberto. 4. Emitiuse o informe preceptivo do Secretario do Pleno (por delegación da Asesoría Xurídica). Fundamentos xurídicos Primeiro.- O artigo 131 da LCSP establece que o procedemento aberto constitúe un dos procedementos ordinarios para adxudicar os contratos, e en consecuencia pode acudirse a este procedemento neste caso. Así mesmo, deberá publicarse anuncio de licitación no perfil do contratante do Concello de Pontevedra e no DOUE. Segundo.- O prego de cláusulas administrativas particulares que consta no expediente de contratación cumpre coas determinacións establecidas no artigo 122 da LCSP e nos apartados 2 e 3 do artigo 67 do regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por Real decreto 1098/2001, e nel se indica o réxime aplicable a este contrato. Terceiro.- A competencia para a aprobación do expediente de contratación así como dos pregos é da Xunta de Goberno Local de conformidade cos artigos 117 e apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP. A vista do exposto, e unha vez que se teñen incorporado ao expediente o correspondente certificado de existencia de crédito orzamentario expedido pola oficina de contabilidade e o preceptivo informe de fiscalización emitido pola Intervención Xeral Municipal, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda: Primeiro.- Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares (csv: IG1RM1UENG1CXR69), o prego de prescricións técnicas particulares (CSV: 41WEI49V75UH9R66) e o expediente de contratación do contrato cuxos datos se mencionan a continuación: - DENOMINACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN: “SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL”. - ORZAMENTO SEN IVE DO CONTRATO DE SUBMINISTRO: 363.636,36 € - IVE DO CONTRATO DE SUBMINISTRO: 76.363,64 € 1 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:5PNE4AKPD0T8OQVE

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.