Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
rúa de Michelena, núm. 30, 1º 986 100 185 - 986 804 300 sede.pontevedra.gal EXPEDIENTE DO CONTRATO DE SUBMINISTRO: “SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL”. NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2026/ABSUB/000004 TRAMITE: Resolución de inicio RESOLUCIÓN DA CONCELLEIRA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, DO BENESTAR, DA SAÚDE E DA ECONOMÍA Examinado a memoria xustificativa e informe de insuficiencia de medios promovendo o contrato que consta no expediente indicado na cabeceira, no que se xustifica a natureza e extensión das necesidades a satisfacer así como a idoneidade do obxecto e natureza do contrato para satisfacelas e a insuficiencia de medios nos termos que esixe o artigo 28.1, 30 e 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, que se asumen nesta resolución. Considerando que está xustificada a necesidade de proceder a realizar un contrato de subministro para satisfacer as necesidades expostas no informe mencionado. Resultando, que a realización do contrato de subministro mencionado na cabeceira require acordo de inicio do órgano de contratación, que no Concello de Pontevedra é a Xunta de Goberno Local de conformidade co apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP, se ben a dita competencia para iniciar expedientes delegouse nesta Concellería da área de Promoción da igualdade, do benestar, da saúde e da economía, mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 12 de febreiro de 2026. Á vista do exposto, por delegación da Xunta de Goberno Local de data 12 de febreiro de 2026 RESOLVO: Primeiro.- Acordar o inicio do expediente do contrato de subministro que se menciona na cabeceira desta resolución e considerar xustificada a natureza e extensión das necesidades que se pretenden satisfacer no contrato así como a idoneidade do obxecto e contido para satisfacelas. EXPEDIENTE DO CONTRATO DE CONTRATO DE SUBMINISTRO, INSTALACIÓN E SUBMINISTRO CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE VIRTUALIZACIÓN MUNICIPAL (2026/ABSUB/000004) ORZAMENTO 363.636,36€ 1 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:2MCEB4A7CA0CW1FA IVE: 76.363,64€ ORZAMENTO TOTAL 440.000,00€ PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO 120 días Segundo.- Que se proceda a incorporar ao expediente os documentos que correspondan ata a formalización do contrato. Pontevedra, na data que figura na sinatura electrónica. 2 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:2MCEB4A7CA0CW1FA