Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Ana María Cacharrón Castelos, secretaria do Concello de Bergondo (A Coruña) CERTIFICO: Que, pola alcaldía presidencia, por Resolución nº 939/2026, do 16-09-2026 , adoptouse o acordo que a continuación se transcribe literalmente: «Alejandra Pérez Máquez, alcaldesa-presidenta do Concello de Bergondo (A Coruña) INCOACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO EN RÉXIME DE ALUGUER DA ILUMINACIÓN DE NADAL 2026-2027 NO CONCELLO DE BERGONDO EXPEDIENTE: 2026/C005/000002 Tendo en conta que o Concello de Bergondo de cara ás vindeiras festas de Nadal, ten previsto, como nos anos anteriores, que se instale a iluminación ornamental propia desta época, que apoie a activade comercial e turística do termo municipal, mediante un alumeado atractivo para os veciños e os visitantes, que adorne os espazos públicos e, que ao mesmo tempo, supoña unha mellora enerxética respecto ao que se viña instalando ata agora, a fin de obter un uso racional da enerxía. De conformidade apartado 1 do artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, establece que “El Municipio, para la gestión de sus intereses y en el ámbito de sus competencias, puede promover toda clase de actividades y prestar cuantos servicios públicos contribuyan a satisfacer las necesidades y aspiraciones de la comunidad vecinal” e que a letra h) do apartado 2 dese mismo precepto legal ao referirse ás competencias que os Concellos exercerán, en todo caso, nos términos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, inclúe, entroutras as de “h) Información y promoción de la actividad turística de interés y ámbito local” Logo de ver o informe do concelleiro de Servizos Municipais do 15 de setembro de 2026 que establece que dada a proximidade das festas de Nadal, é necesario proceder á contratación de elementos luminosos decorativos de nadal ao considerar que os mesmos actúan como fonte de atracción dos visitantes e dinamizan as zonas comerciais e da hostalería municipais, supoñendo un reclamo publicitario e turístico para o Concello que repercute nunha maior actividade comercial durante este período. o que se xustifica a necesidade deste contrato, consonte co establecido nos artigos 28 e 116.4.e) da LCSP. Logo de ver o prego de prescricións técnicas elaborado pola técnica de planificación enerxética da Deputación Provincial da Coruña, dona María Rosario Méndez Gil e cun orzamento de 47.986,43 euros (IVE incluido) para este contrato, asinado dixitalmente o 14 de setembro de 2026. Logo de ver que o contrato deste servizo non se dividirá en lotes e adxudicarase como unha unidade contractual, o que se xustifica, consonte co esixido no artigo 99.3 da LCSP, en base aos motivos que deseguido se detallan: a) A realización independiente das diversas prestacións comprendidas no obxecto do contrato dificulta a correcta execución do mesmo desde o punto de vista técnico, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións, cuestión que podería verse imposibilitada pola súa división en lotes e a execución por unha pluralidade de contratistas diferentes, suporía un maior gasto ao tratarse de varios enganches de luz diferentes, varios boletíns eléctricos e varios consumos diferentes. Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe (artigo 42.b da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público). )00:23:21 6202/90/61 :AHCEF( zeuqáM zeréP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.