ppt.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DA ILUMINACIÓN DE NADAL DO TERMO MUNICIPAL DE BERGONDO 1. ANTECEDENTES É tradición no Concello de Bergondo iluminar os espazos públicos máis significativos e as principais rúas da zona urbana coincidindo coa celebración das festas de Nadal. Con esta actuación preténdese potenciar a imaxe da casa consistorial de forma que se xere unha maior afluencia de visitantes, así como unha maior actividade comercial neste período. Con este obxectivo, o Concello de Bergondo promove un procedemento aberto baixo diversidade de criterios, apostando pola implantación de novas tecnoloxías con menor consumo enerxético e alto valor estético. Para as instalacións promovidas polo Concello de Bergondo, considérase necesario esixir, ademais do cumprimento do marco normativo vixente, unha serie de características técnicas e estéticas dos motivos a instalar, así como o regulamento da montaxe e procesos de desmonte das instalacións, e o seu mantemento durante a campaña de Nadal. Baixo a fórmula administrativa axeitada, preténdese licitar o concurso para o deseño e instalación de iluminación acorde ás características do concello, con personalidade propia, que teña presenza no maior número de rúas, prazas e zonas posibles. e que inclúen determinadas unidades singulares, recollendo neste documento as principais directrices técnicas que rexerán a dita instalación. En canto ao deseño, os licitadores estarán obrigados a presentar unha proposta de iluminación do municipio na que se inclúa a relación dos distintos tipos de motivos por rúas ou localidades, tecnoloxías a instalar, procedementos de instalación, cronoloxía de actuacións, estimacións de potencia e consumo enerxético e calquera outros contidos que se consideren necesarios para finalizar a oferta. 2. OBXECTO O presente documento “PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DA ILUMINACIÓN DE NADAL DO TERMO MUNICIPAL DE BERGONDO” elabórase a instancia de: Concello de Bergondo CIF: P1500800F Estrada A, Coruña Ferrol, 12 15165 Bergondo, A Coruña Este documento ten por obxecto concretar as condicións técnicas que regularán a contratación do servizo, en réxime de alugueiro, da instalación, montaxe, posta en servizo, mantemento e posterior desmonte dos elementos de iluminación e decoración de Nadal do concello de Bergondo 2026/2027 de conformidade co disposto neste documento, no prego de cláusulas administrativas particulares e con suxeición ás seguintes condicións: • Adxudicación a unha empresa do sector da iluminación o alugamento, instalación, montaxe, posta en servizo, mantemento e posterior desmonte da iluminación e decoración de Nadal. • Os materiais que se van subministrar, alugar e instalar, deberán ser respectuosos co medio ambiente e eficientes enerxéticamente, nos termos descritos neste Prego. • Os espazos públicos a iluminar serán os que se detallan nos seguintes capítulos e anexos deste documento. PPT Iluminación Nadal – Concello de Bergondo - 1 )00:25:31 6202/90/61 :AHCEF( liG zednéM oirasoR aíraM ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /lag.odnogreb.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV p24TsfQ697p7kBeeKlop :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.