Informe reduccion plazo.pdf

Documento Adicional Ver licitación
CONCELLO DE MUXÍA Teléfonos:981.74 21 17 - 25 28 - 20 01 Fax:981.742298 Rúa Real nº 35 Código Postal:15124 ( A Coruña) Web: www.concellomuxia.com Expediente nº: 2026/C005/000006 Obra: ILUMINACION CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL DE A ARLIÑA(MUXIA) O que subscribe, Germán Pérez Freire en calidade de ARQUITECTO colexiado no COAG nº 4717, do Servizo de Asistencia Técnica Urbanística do Concello de Muxía, avaliando a solicitude e examinado o expediente, emite o seguinte informe: I N F O R M E : OBXECTO: O presente informe ten por obxecto determinar un prazo de execución axeitado para as obras previstas no proxecto de obras correspondente ao expediente indicado. CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS: Segundo o proxecto de obras, establécese un prazo de execución de dous (2) meses. Unha vez analizadas a natureza das actuacións previstas, o seu volume e as características das unidades de obra que as integran, considérase que se trata de actuacións que non presentan unha especial complexidade técnica ou construtiva, polo que o prazo inicialmente previsto no proxecto pode ser reducido sen que isto supoña, a priori, un impedimento para a súa correcta execución. En consecuencia, considérase tecnicamente viable e suficiente establecer un prazo de TRINTA (30) DÍAS NATURAIS para a execución da totalidade das obras, sempre que a planificación dos traballos, os medios materiais e persoais e a organización da obra sexan adecuados para cumprir o prazo establecido. CONCLUSIÓN Á vista do anteriormente exposto, considérase axeitado reducir o prazo de execución previsto no proxecto de dous (2) meses a TRINTA (30) DÍAS NATURAIS, por entender que este prazo resulta suficiente para a correcta execución das actuacións previstas, atendendo á súa natureza, volume e características. E para que así conste para os efectos oportunos, emítese o presente informe. En Muxía, 23 de setembro 2026 Germán Pérez Freire Arquitecto COAG 4717 Arquitecto do Servizo de Asistencia Técnica Urbanística do Concello de Muxía Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) /se.aixum.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV T3rhu12S+e2JFabL3RAY :DVC