PPT Place luces Nadal.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS DA CONTRATACIÓN DO ALUGUER E INSTALACIÓN DA ILUMINACIÓN DECORATIVA DO NADAL 2026-27 1. OBXECTO DO CONTRATO O presente prego ten por obxecto especificar as condicións técnicas que regularán o desenvolvemento do proxecto decorativo de iluminación durante as festas do Nadal 2025/2026. Os licitadores deberán desenvolver a súa proposta técnica para as zonas definidas no anexo I deste prego, tendo en conta que os elementos de iluminación propostos deberán cumprir coas especificacións técnicas que se indiquen. Así mesmo, o desenvolvemento do proxecto decorativo debe incluír os traballos de montaxe, instalación, legalización, acendido, desmontaxe e mantemento durante os prazos indicados no presente prego. 2. CONDICIÓNS TÉCNICAS DOS TRABALLOS A DESENVOLVER 2.1 . Requisitos das instalacións O adxudicatario debe asumir toda a instalación eléctrica necesaria para dar servizo aos elementos recollidos no ANEXO I deste prego, e todos os elementos mecánicos de sustentación, soporte ou suxeición que sexan necesarios para montar os ditos elementos. O adxudicatario realizará as instalacións dos elementos de decoración propostos na súa oferta nas rúas e espazos públicos determinados no anexo I. Todas as instalacións deberán cumprir co Regulamento electrotécnico de baixa tensión, as súas instrucións técnicas complementarias e o Real decreto de eficiencia enerxética. As instalacións realizaranse en tendido aéreo mediante cableado o cal deberá retirarse na súa totalidade durante o período de desmontaxe. Durante a execución todas as actuacións relativas á montaxe dos elementos mecánicos e eléctricos deberán ser supervisadas por un técnico da empresa adxudicataria competente na materia, que deberá certificar que a empresa executa as instalacións de acordo co proxecto aprobado previamente. O adxudicatario debe garantir unha eficaz e permanente dispoñibilidade do servizo de mantemento durante as 24 horas do día durante o período de funcionamento da iluminación, sendo pola súa conta a substitución de todos os elementos avariados por calquera motivo ou que non cumpran as especificacións requiridas. Cando o apoio do motivo luminoso sexa un soporte de iluminación pública existente (farolas,etc...), a fixación farase mediante ancoraxes e outros elementos que non danen as farolas. A fonte de luz será LED de alta eficacia. Os elementos subministrados deben proporcionar unha intensidade e brillantez lumínica correcta, quedando descartado o uso de elementos lumínicos usados que estean degradados polo seu uso anterior e ofrezan temperaturas de cor distintas duns elementos a outros do mesmo tipo. Todo elemento lumínico (motivos, figuras, adornos, árbores, etc.) que se coloque ao alcance dos viandantes terá que ser alimentado con tensión moi baixa. 2.2 . Subministro enerxético das instalacións A enerxía eléctrica procederá das liñas xerais da compañía eléctrica á tensión 230/400V, solicitándose a esta un punto de conexión, para o cal /se.aixum.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV eS2IVIPZjnM5zGpzB6nW :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.