PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE HAN DE REXER O PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN PARA A SUBMINISTRACIÓN DO VESTIARIO PARA O SERVIZO DE BOMBEIROS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA CLÁUSULA 1 – OBXECTO DO CONTRATO O obxecto deste prego é a xestión e subministración do vestiario para o persoal do Servizo de Bombeiros. Anéxase baixo o epígrafe de “Anexo I” a descrición detallada de cada unha das pezas de uniformidade que son obxecto de licitación e baixo o epígrafe de “Anexo II” a relación de pezas e os seus prezos. CLÁUSULA 2 – DURACIÓN DO CONTRATO A duración do contrato estímase para DOUS anos continuados, prorrogables por anualidades ata un máximo de CATRO anos (2+1+1), segundo as fórmulas e procedementos que se establecen neste prego. CLÁUSULA 3 – CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS As características dos materiais e tecidos, así como o deseño de cada unha das pezas serán as descritas no Anexo I, atendendo ao disposto na cláusula 4ª deste prego, cuxo incumprimento dará lugar á exclusión do licitador. En relación coas referencias á normativa (UNE, ISO etc.) contemplada para cada peza, entenderase referida a calquera normativa posterior vixente ou equivalente. Neste sentido, de conformidade co art. 127 da Lei 9/2017 (LCSP), sempre que nestes pregos se determinen unhas etiquetas específicas, aceptaranse todas aquelas que verifiquen que os subministros cumpren requisitos que sexan equivalentes. Así mesmo, aceptaranse outros medios adecuados de proba, incluídos os mencionados no art. 128 da LCSP, que demostren que os subministros que ha de prestar o futuro contratista cumpren los requisitos da etiqueta específica esixida. As ofertas recollerán o valor unitario de cada unha das pezas da prestación. Tanto a cor como a imaxe corporativa deseñada para cada tipo de uniforme deberán incluírse e integrarse no mesmo de forma que non se desgaste polo seu uso e lavado. Todas as pezas levarán os distintivos oficiais e rótulos determinados polo servizo. Estes distintivos serán de material flexible, integrados na peza. As ofertas presentadas polos licitadores poderán incrementar a calidade das prestacións dos artigos, dos seus materiais e das súas características técnicas, por exemplo, composición, gramaxe, confección, confortabilidade, etc. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:2UCRG5JHQTEQWJTA

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.