Informe juridico.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Referencia: 2026/12912R Procedemento: P2 - Preparación, gestión y adjudicación del contrato NEGOCIADO DE SECRETARÍA XERAL (520) -Asunto: Contratación da subministraciónn consistente en “vestuario laboral, equipos de protección individual y equipamiento técnico para el parque de bomberos de primera intervención del Polígono de San Cibrao das Viñas de la Diputacion Provincial de Ourense, en cinco (5) lotes”. INFORME DE SECRETARÍA XERAL - ANTECEDENTES: Primeiro: Con data 16.09.2026 foime remitido desde a sección de contratación desta Deputación, e a través do xestor de expedientes electrónicos MyTao, o encargo consistente na emisión do informe xurídico no expediente de referencia (núm. 2026/12912R). Segundo: Como documentos máis significativos do expediente constan a proposta de contratación, a xustificación da necesidade do contrato e acordo de incoación do expediente de contratación, o PCAP e o PPTP. - CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS: PRIMEIRA: A lexislación aplicable vén constituída pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), Lei 5/1997, de administración local de Galicia (LALGA), a Lei 9/2017, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE (en adiante LCSP), o RD 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de contratos do sector público, o RD 1098/2001, que desenvolve o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) e a Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC). SEGUNDA: En canto ao obxecto deste informe, o apartado 8 da Disposición adicional 3ª da LCSP, relativo ás normas específicas de contratación das entidades locais, indica literalmente que os informes que a Lei asigna aos servizos xurídicos evacuaranse polo Secretario. Será tamén preceptivo o informe xurídico do Secretario na aprobación de expedientes de contratación, modificación de contratos, revisión de prezos, prórrogas, mantemento do equilibrio económico, interpretación e resolución dos contratos. Corresponderá tamén ao Secretario a coordinación das obrigacións de publicidade e Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015, de 1 de outubro). A autenticidade deste documento pode ser comprobada mediante o CSV: 16350511340162724057 en https://sede.depourense.es

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.