Mesa de contratación. Aceptación informe sobre C e proposta clasificación

Otros Documentos Ver licitación
ÁREA DE GOBERNO DE CONCELLO SEGURIDADE, AREA DE CONTRATACIÓN E NOVOS PROXECTOS CONTRATACIÓN, FESTAS E DE VIGO XESTIÓN MUNICIPAL Expediente 712 -2153 A Mesa de Contratación do Concello de Vigo, na súa sesión do 15 de outubro de 2026, realizou entre outras, as seguintes actuacións: 9.- Entrega e, no seu caso, aceptación dos informes de valoración dos criterios avaliables mediante fórmula a) Procedemento aberto para a contratación do subministro en réxime de arrendamento de vehículos para a policía local (712-2153) A secretaria pregunta aos membros da Mesa se teñen conflito de intereses cos licitadores admitidos. Ningún dos asistentes manifesta ter conflito de intereses con eles. A continuación entrégase o informe asinado polo xefe da área de Seguridade e Mobilidade o 6 de outubro de 2026 de valoración do sobre C “proposición avaliable mediante fórmula” coa proposta de clasificación e o informe asinado polo xefe de Seguridade e Mobilidade de data 14 do mesmo mes que corrixe o anterior por erro matemático que non afecta á clasificación. Este segundo informe é aceptado por unanimidade dos/as membros presentes. 10.- Propostas de clasificación (procedementos abertos) ou clasificación (procedementos abertos simplificados) a) Procedemento aberto para a contratación do subministro en réxime de arrendamento de vehículos para a policía local (712-2153) Á vista das actuacións desta Mesa de Contratación e dos informes de valoración das proposicións presentadas, por unanimidade dos/as membros presentes, proponse á concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación, Festas e Xestión Municipal, por delegación da Xunta de Goberno local (acordo do 7 de novembro de 2025), a adopción da seguinte resolución: “Primeiro.- Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, as proposicións admitidas neste procedemento aberto para a contratación do subministro en réxime de arrendamento de vehículos para a policía local (712-2153) na seguinte orde descendente: Licitador Puntuación total 1 FRAIKIN ASSETS SAS 93.00 2 AT CAPITAL, SL 59.54 Segundo.- Requirir ao licitador clasificado en primeiro lugar, FRAIKIN ASSETS SAS, para que presente, no prazo de dez días hábiles, a seguinte documentación (artigo 150.2 LCSP): 1. A documentación esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP). 2. Resgardo da garantía definitiva esixible de acordo co disposto na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares. 35:32:31 6202/01/51 ) OGELLAG OLETOS SEROLOD AÍRAM ( - LAREX NOICARTSINIMDA ED ACINCÉT :ROP ODANISA odanisa otnemucoD Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 15/10/2026 Páxina 1 de 2 712-2153 CSV: A9BC24-4DD123-443HCF-LZ4XLC- Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.