Informe de valoración criterios avaliables mediante fórmula

Otros Documentos Ver licitación
Expediente: 712/2153 Asunto: Contrato maior harmonizado subministro vehículos Policía Local (Renting). INFORME CLASIFICACIÓN Antecedentes I.- Con data 13 de agosto de 2026, a Mesa de Contratación procedeu á apertura das proposicións presentadas no procedemento aberto convocado para a contratación do subministro en modalidade de renting de vehículos patrulla, resultando admitidos os seguintes licitadores: • ANDACAR 2000, SA • AT CAPITAL, SL • FRAIKIN ASSETS SAS, SUCURSAL EN ESPAÑA II.- Con data 14 de setembro de 2026, o xefe da Área de Seguridade e Mobilidade emitiu informe sobre as ofertas incursas en presunción de anormalidade, concluíndo que a oferta presentada por ANDACAR 2000, SA se atopaba nesa situación. Á vista do citado informe, a Mesa de Contratación acordou iniciar o procedemento previsto no artigo 149 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, concedendo a ANDACAR 2000, SA un prazo de tres días hábiles para presentar a xustificación da viabilidade da súa oferta. III.- Con data 1 de outubro de 2026, a Mesa de Contratación acordou formular á Concelleira Delegada de Contratación proposta de exclusión de ANDACAR 2000, SA do procedemento de licitación por non presentar, dentro do prazo concedido para o efecto, a documentación requirida para xustificar a viabilidade da súa oferta incursa en presunción de anormalidade. Mediante resolución da Concelleira Delegada de Contratación, adoptada de conformidade coa citada proposta, acordouse o rexeitamento da oferta e a exclusión do citado licitador do procedemento. En consecuencia, procede efectuar a clasificación das ofertas admitidas e non excluídas de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos nos pregos que rexen a contratación. I. Aplicación dos criterios de adxudicación Da aplicación dos criterios de adxudicación previstos no apartado 7 das FEC, resulta a seguinte valoración: 1. Criterio económico (85 puntos) (presuposto base de licitación sen IVE: 2.834.400,00 € ) 1/6 ( T i ) Pi = 85 * Tmáx Onde: • Pi = Puntuación obtida (máximo 85 puntos). • (85) = Puntuación máxima redución do prezo • Ti = % da baixa da oferta a valorar • Tmáx. = % da baixa da mellor oferta presentada. 64:62:41 6202/01/41 ) SERAJIM OREVIV OINOTNA ( - EDADILIBOM E EDADIRUGES AERÁ EFEX :ROP ODANISA odanisa otnemucoD Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 15/10/2026 Páxina 1 de 3 712-2153 CSV: A3B227-4DD1BF-2CA4BC-J5TG11-66DZ5H- Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.