Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Praza do Portal, 1 - 15813 Sobrado (A Coruña) Tel. 981 787 508 - Fax: 981 787 577 correo@sobrado.es- www.sobrado.es EXPEDIENTE: 2026/C005/000003 MEMORIA XUSTIFICATIVA DA CONTRATACIÓN OBXECTO DO CONTRATO: SUBMINISTRO DE UN VEHÍCULO NOVO OU DE KILÓMETRO CERO PARA OS DESPRAZAMENTOS DO PERSOAL DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS Ao abeiro das bases do Programa FOICV/2026: Bases reguladoras do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para a adquisición de vehículos para os desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios (FOICV/2026), publicadas no BOP nº 196 de 14 de outubro de 2025, o Concello de Sobrado, solicitou unha subvención para adquisición de un vehículo . Co fin de satisfacer estas actuacións, a Deputación Provincial de A Coruña concedeu a subvención para a adquisición do vehículo, a través da Resolución de Presidencia 2026/8905 , polo importe de 20.000,00€ XUSTIFICACION DA NECESIDADE DA CONTRATACION Xustifícase a necesidade de contratación conforme á Lei de Contratos do Sector Público (LCSP) para que o persoal adscrito aos servizos sociais poidan desprazarse para levar a cabo o desempeño das súas funcións por todo do concello. VALOR ESTIMADO DO CONTRATO: O importe total do subministro ascende á cantidade de 16.528,93 euros máis 3.471,07 euros de IVE,. XUSTIFICACION DA NON DIVISION EN LOTES. En aplicación do artigo 99.3 da LCSP non existirá a división en lotes posto que a execución independente das diversas subministracións comprendidas no obxecto do contrato non o permite desde o punto de vista organizativo. O obxecto do contrato é a adquisición dun equipo único polo que se expón gran dificultade a división en lotes. Resulta loxicamente entendible que a subministración desde unha perspectiva integral dos mesmos, manteñen unha unidade das diferentes especificacións que o prego técnico recollerá. PROCEDEMENTO DE CONTRATACION: Proponse utilizar o procedemento aberto simplificado sumario con varios criterios de adxudicación fixándose como criterios de adxudicación o prezo e o incremento do prazo de garantía. Fíxanse estes criterios atendendo á natureza do obxecto do contrato, no que o relevante é o mellor prezo ofertado, dada a concreción do subministro, e o prazo de garantía, ante as posibles incidencias que poidan xurdir trala entrega do vehículo. /se.odarbos.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV yzyMduTJZMSpCl98R6lH :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.