PREGOS DE CLAUSULAS ECONOMICO ADMINISTRATIVAS.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
Praza do Portal, 1 - 15813 Faiado (A Coruña) Tel. 981 787 508 - Fax: 981 787 577 correo@sobrado.es- www.sobrado.es PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO SUMARIO DE “VEHÍCULO TURISMO PARA OS SERVIZOS SOCIAIS”. CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación e división en lotes. O obxecto do contrato é o contrato de subministración: Obxecto: Adquisición de vehículo turismo CPV 34100000-8 vehículos a motor Constitúe o obxecto deste contrato a subministración dun vehículo tipo turismo para adscribir aos servizos sociais, ao amparo da subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña de acordo co disposto no prego de prescripciónes técnicas. En base ao disposto no artigo 99.3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público xustifícase que o obxecto do contrato non se divide en lotes a efectos da súa execución por tratarse dunha soa subministración O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de subministración, de acordo co artigo 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.. CLÁUSULA SEGUNDA. Procedemento de Selección e Adxudicación. A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto simplificado sumario, no que todo empresario interesado inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Contratistas do Estado (ou rexistro autonómico equivalente) poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores. A adxudicación do contrato realizarase utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo de conformidade co que se establece na cláusula 10ª do presente prego e segundo os termos e requisitos establecidos no referido texto legal, en concreto nos seus artigos 145 e 146. CLÁUSULA TERCEIRA. Perfil de contratante. O anuncio de licitación do contrato unicamente precisará de publicación no perfil do contratante, integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público, onde se ofrecerá información relativa á convocatoria da licitación do contrato, incluíndo os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como toda a documentación necesaria para a presentación da oferta desde o día da publicación do anuncio no perfil do contratante. CLÁUSULA CUARTA. Valor estimado do contrato. Orzo base de licitación. Prezo 4.1. De conformidade co disposto no artigo 101 LCSP o valor estimado para esta contratación, ascende á cantidade de 16.528,93 €. 1 /se.odarbos.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV 3j/dK5UFMnCv8c0MfheR :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.