Informe de valoración de los criterios de adjudicación cuantificables mediante juicio de valor

Otros Documentos Ver licitación
INFORME TÉCNICO DE VALORACIÓN DA OFERTA TÉCNICA Expediente: 2026/C005/000006 (SUM 20/2026) Contrato: Subministración, mediante arrendamento operativo (renting), dunha furgoneta de atestados para a Policía Local do Concello de Carballo, incluíndo os servizos asociados de mantemento, asistencia e demais prestacións vinculadas ao seu uso. 1. OBXECTO DO INFORME O presente informe ten por obxecto efectuar a valoración da documentación técnica presentada pola empresa GRUPIVAZGLE, S.L., de acordo cos criterios de adxudicación dependentes de xuízo de valor establecidos no Prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e tomando como referencia as prescricións técnicas mínimas establecidas no Prego de prescricións técnicas (PPT). O PCAP establece para a Fase I un máximo de 40 puntos, distribuídos nos seguintes apartados: Criterio Puntuación máxima A.1. Prestacións do vehículo 10 puntos A.2. Equipamento de seguridade e asistencia á condución 5 puntos A.3. Equipamento policial e sistemas de sinalización 15 puntos A.4. Equipamento e habitabilidade da zona de traballo 10 puntos TOTAL 40 puntos O propio PCAP establece que a valoración debe atender ao grao de mellora respecto dos mínimos establecidos e á adecuación das solucións ás necesidades do servizo. Así mesmo, establece unha escala cualitativa na que a cualificación de «moi boa» corresponde ás propostas detalladas, precisas, ben definidas e/ou innovadoras, mentres que a cualificación de «boa» corresponde ás propostas detalladas que incorporen determinadas medidas precisas e/ou innovadoras. A documentación técnica presentada debe, ademais, incluír a información relativa ás características do vehículo e unha memoria na que se detalle o plan de mantemento durante os anos de duración do contrato, incluíndo os traballos de reposición por desgaste e o mantemento preventivo dos distintos conxuntos e elementos do vehículo. 2. DOCUMENTACIÓN ANALIZADA Para efectuar a valoración examinouse a documentación técnica presentada pola licitadora, incluíndo a memoria descritiva, a documentación relativa ás melloras nas características técnicas e equipamento do vehículo e a documentación técnica do fabricante correspondente ao vehículo ofertado. A proposta corresponde a un: Volkswagen ID. Buzz Pro LWB (batalla longa). Na documentación presentada figuran, entre outras, as seguintes características declaradas: • Capacidade da batería: 84 kWh. • Autonomía: 455 km WLTP. • Potencia: 286 CV. • Consumo: 19,41 kWh/100 km WLTP. 3. COMPARACIÓN COS MÍNIMOS ESTABLECIDOS NO PPT O PPT establece, para o vehículo, entre outros requisitos mínimos, unha batería de 70 kWh, unha potencia mínima de 130 CV e unha autonomía mínima de 300 km. Polo tanto, as características declaradas pola licitadora supoñen os seguintes incrementos: Prestación Mínimo PPT Oferta Incremento aproximado Capacidade batería 70 kWh 84 kWh +20,0 % Potencia 130 CV 286 CV +120,0 % Autonomía 300 km 455 km +51,7 % Trátase, polo tanto, de melloras significativas respecto dos mínimos establecidos no PPT. Debe terse en conta, non obstante, que a valoración dos criterios dependentes de xuízo de valor non se limita á mera existencia dunha prestación superior, senón que o PCAP esixe valorar o grao de mellora, a súa adecuación ao servizo e o nivel de definición da proposta. 4. VALORACIÓN DOS CRITERIOS A.1. PRESTACIÓNS DO VEHÍCULO – ATA 10 PUNTOS O PCAP establece que neste apartado se valorarán as melloras en autonomía, capacidade da

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.