Informe sobre las ofertas incursas en presunción de anormalidad

Otros Documentos Ver licitación
NUMERO EXPEDIENTE 2026011897 INICIO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A SUBMINISTRACIÓN DE ARTIGOS E PRODUTOS DE DROGUERÍA, ASEO PERSOAL E LIMPEZA NON INDUSTRIAL, PRODUTOS DE LAVADO INDUSTRIAL ASUNTO PARA A COCIÑA, A CAFETERÍA E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS, E PRODUTOS DE LAVADO INDUSTRIAL PARA A LAVANDERÍA DO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TRÁMITE Valoración da xustificación presentada por parte da empresa licitadora DARLIM SL, aos lotes nº 1 e 2, respecto dos cales incorre nunha oferta anormal ou desproporcionada ANTECEDENTES Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 29 de maio de 2026, aprobou entre outros, o expediente de contratación mediante procedemento aberto da Subministración de produtos de droguería, limpeza e lavado para o Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra. Segundo.- Rematado o prazo de presentación de ofertas para levar a cabo a contratación en cuestión, e unha vez realizado o exame das ofertas presentadas polas empresas licitadoras, obsérvase que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, a oferta presentada pola empresa DARLIM SL (CIF: B-36612562), para os lotes nº 1 e 2 respectivamente, incorre en presunción de anormalidade no referente ao prezo ofertado. En consecuencia, o Servizo de Contratación require á citada empresa para que, no prazo improrrogable de cinco días hábiles, xustifique a oferta e precise as condicións da mesma. Terceira.- Con data de 10 de xullo de 2026, o Servizo de Contratación remite a xustificación da oferta anormal ou desproporcionada achegada pola dita empresa, aos efectos da súa valoración. VALORACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DA OFERTA PRESENTADA (Lotes 1 e 2) Á vista do anterior, sinálase que o obxecto do presente informe é valorar a xustificación da oferta con valores anormais ou desproporcionados presentada pola empresa DARLIM SL, de acordo ós seguintes termos: 1. Lexislación aplicable De conformidade co establecido no artigo 149.4 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP): “(…) Cando a mesa de contratación, ou na súa falta o órgano de contratación houbera identificado unha ou varias ofertas incursas en presunción de anormalidade, deberá requirir ao licitador ou licitadores que as tivesen presentado dándolles prazo suficiente para que xustifiquen e desagreguen razoada e detalladamente o baixo nivel do prezos, ou de custos, ou calquera outro parámetro en base ao cal se definiu a anormalidade da oferta, mediante a presentación daquela información e documentos que resulten pertinentes a estes efectos (…)”. 1 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):NED3EXURALFL6QFS

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.