ppt26c507dilx.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
1 Exp. 2026/C005/000007 PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS DO CONTRATO MIXTO (SUBMINISTRACIÓN E SERVIZO) DUNHA PISTA DE XEO NATURAL DURANTE A PROGRAMACIÓN DE NADAL 2026/2027 DO CONCELLO DE VIMIANZO. 1. OBXECTO: O presente prego ten por obxecto establecer as condicións que deberán rexer na contratación da subministración, en réxime de alugueiro, dunha pista de xeo natural durante a programación de nadal de 2026/2027 do concello de Vimianzo, así como o transporte, montaxe e desmontaxe da mesma. 2. NECESIDADE DE CONTRATAR: A necesidade desta contratación, de acordo co art. 28 do LCSP ven xustificada de conformidade co establecido no art. 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, polo fomento da actividade turística de interese e ámbito local e, por outra parte polo fomento do comercio e actividade empresarial, que se pretende acadar a través das distintas actividades levadas a cabo dentro da programación de nadal. Así como para proporcionar actividades de ocio e lecer para a veciñanza, de conformidade co establecido nos artigos 25.2 h), l) e m) da Lei de bases de réxime local. Tendo en conta que o concello non conta con estes medios materiais, técnicos e humanos necesarios para satisfacer dita necesidade, é preciso levar a cabo este contrato. 3. ELEMENTOS A SUBMINISTRAR: Para levar a cabo as prestacións obxecto do contrato, nas condicións óptimas sinaladas, é precisa a subministración, en réxime de alugueiro, dos seguintes elementos: -Pista de xeo natural de 200 m2 (20 m. ancho x10 m.lonxitude). -Vallas de policarbonato. -Máquina enfriadora coa potencia necesaria para o mantemento da pista (105 Kw). -Líquido anticonxelante (glicol) -Porta de saída (1). -Raspador manual e pá para limpeza da pista. -9 unidades de cascos (tallas S, M e L; 3 de cada talla). -2500 pares de calzas desbotables. -250 gorros desbotables. -120 pares de patíns (tallas da 26 a 46). -4 apoios patinador. -3 Patineros con rodas con capacidade mínima para 40 pares de patíns cada un. -1 moble soporte apoio cascos. Praza do Concello, nº 6 Tel. 981716001 correo@vimianzo.gal 15129 – Vimianzo (A Coruña) Fax 981716650 www.vimianzo.gal /lag.oznaimiv.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV Ge6T4q6TOskF+T5akRp5 :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.