PCAP26c507dilx.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HAN DE REXER A CONTRATACIÓN MIXTA (SUBMINISTRACIÓN E SERVIZO) DUNHA PISTA DE XEO NATURAL DURANTE A PROGRAMACIÓN DO NADAL 2026/2027 DO CONCELLO DE VIMIANZO; POR PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO ABREVIADO. EXP.2026/C005/000007. CAPÍTULO I. CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO Cláusula 1. Características do contrato. Definición do obxecto do contrato: O obxecto deste contrato é a subministración, transporte, montaxe e desmontaxe dunha pista de xeo natural para a súa instalación en Vimianzo durante a programación do Nadal 2026/2027 (do 17/12/2026 ao 07/01/2027, ambos inclusive). O obxecto do contrato inclúe:  Pista de xeo natural de 200 m² (20x10 m), con todos os elementos necesarios para o seu funcionamento.  Transporte, montaxe e desmontaxe da pista e dos elementos necesarios para o seu funcionamento.  Software de xestión, que permita : -Control de aforo en tempo real. -Xestión de inscricións e reservas online. -Venda de entradas (online e presencial). -Estatísticas de uso e rendemento. -Xestión de complementos (patíns, cascos, apoios). -Acceso mediante app móbil para ou persoal municipal. O código CPV no que se considera que están contempladas as prestacións obxecto deste contrato: □ 37411200-4 – Equipo para patinaxe e hóquei sobre xeo □ 37480000-6 – Máquinas e aparellos para actividades de lecer □ 45212140-9 – Instalacións de lecer. División en lotes: Non O obxecto do contrato non é divisible en lotes, algo que se xustifica polo órgano de contratación, en cumprimento do artigo 99.4 da LCSP, dado que se trata de servizos de escasa entidade os que conlevan a división en lotes, provocando unha inviabilidade económica e loxística na execución do contrato. Isto é así, xa que a división en lotes dificultaría a realización independente das prestacións comprendidas non obxecto do contrato dende o punto de vista técnico, así como pola propia natureza do contrato, que require coordinación de todas as prestacións a realizar. Praza do Concello, nº 6 Tel. 981716001 correo@vimianzo.gal 15129 – Vimianzo (A Coruña) Fax 981716650 www.vimianzo.gal /lag.oznaimiv.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV FPtF0Gehl8zhkHnfZ+7A :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.