02 Aprobacion ampliacion prazo

Otros Documentos Ver licitación
C ONCELLO DE BOIMORTO (A CORUÑA) Rúa Vilanova, 1 - 15817 BOIMORTO Teléfono: 981 516 020 - Fax: 981 516 045 E-mail: correo@boimorto.es Web: www.concellodeboimorto.es DECRETO ASUNTO AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS NO CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN PARA MELLORAS DA REDE DE ABASTECEMENTO DO CONCELLO DE BOIMORTO. POS+ ADICIONAL 4/2025. EXPEDIENTE 2026/C005/000003 ANTECEDENTES Primeiro. Mediante Decreto da Alcaldía aprobouse o expediente de contratación denominado “Subministro para melloras da rede de abastecemento do Concello de Boimorto. POS+ Adicional 4/2025”, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas, dispoñéndose a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado abreviado, de conformidade co artigo 159.6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. Na dita resolución estableceuse un prazo para a presentación de ofertas de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Perfil de Contratante aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público que rematan o 06.10.2026. Segundo. Durante o prazo de presentación de proposicións formuláronse por parte de potenciais licitadores diversas preguntas e solicitudes de aclaración relativas ás características e condicións técnicas da subministración, que se atopan pendentes de contestación. As respostas ás ditas consultas poden resultar relevantes para a correcta preparación das ofertas, polo que procede que sexan postas a disposición de todos os potenciais licitadores en condicións de igualdade e coa antelación suficiente para a elaboración das súas proposicións. Terceiro. Así mesmo, tendo en conta as características do obxecto contractual, que comprende a subministración, instalación, configuración e posta en funcionamento de bombas, cadros eléctricos, sistemas de comunicación e telecontrol, contadores de auga e dispositivos de adquisición de datos na rede municipal de abastecemento, considérase conveniente posibilitar aos licitadores interesados a realización dunha visita ás instalacións municipais afectadas pola actuación. A visita permitirá aos posibles licitadores coñecer directamente as instalacións e as condicións materiais nas que deberán executarse as prestacións obxecto do contrato, facilitando a preparación adecuada das súas ofertas. Cuarto. Co obxecto de garantir os principios de igualdade de trato, transparencia, publicidade e libre concorrencia, considérase necesario ampliar o prazo inicialmente previsto para a presentación de proposicións, permitindo que todos os interesados dispoñan de tempo suficiente para coñecer as aclaracións que se publiquen, visitar as instalacións e, á vista da información dispoñible, formular as súas respectivas ofertas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. O artigo 136.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, establece que os órganos de contratación fixarán os prazos de presentación das ofertas e solicitudes de participación tendo en conta o tempo que razoablemente poida ser necesario para preparar aquelas, atendendo á complexidade do contrato e respectando, en todo caso, os prazos mínimos establecidos legalmente. O artigo 136.2 da LCSP prevé a ampliación do prazo inicial de presentación de ofertas cando resulte necesario para garantir que todos os posibles interesados na licitación teñan acceso á información necesaria para a elaboración das mesmas. )00:85:41 6202/01/50

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.