Informe sobre las ofertas incursas en presunción de anormalidad

Otros Documentos Ver licitación
2026/C005/000001 INFORME DE XUSTIFICACIÓN DE BAIXA DESPROPORCIONADA ANTONIO LOPEZ RODRÍGUEZ, Arquitecto ó servizo do Concello de Monfero A requirimento do Alcalde Presidente do Concello de MONFERO, en relación ó procedemento aberto da adxudicación so SUBMINISTRO DUNHA TRITURADORA DESPRAZABLE PARA O CONCELLO cofinanciada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ao abeiro da subvención para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, co financiadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, toda vez feitas as comprobacións oportunas, I N F O R M O Que vistas as distintas ofertas económicas presentadas resultou que, a oferta presentada pola empresa HITRAF, S.A., (en diante HITRAF), foi considerada como desproporcionada ou anormal (temeraria), requiríndolle a empresa indicada para que xustificase a súa oferta acompañando a documentación a que se refire a cláusula 15.5 do PCAP, indicándolle que segundo a cláusula 15.4 do PCAP, non se admiten variantes e que segundo a cláusula 1, a triturada a subministrar deberá cumprir con todos os requisitos, características e equipamentos que esixe a memoria técnica / prego de prescricións técnicas. Toda vez analizada a documentación achegada, resulta que a empresa HITRAF xustifica que coa oferta achégase un presuposto do fabricante GL 1, S.R.L do que se afirma que é de iguales características que a maquina ofertada segundo o expediente 2026/C005/000001, sen embargo non se achega documentación técnica das características do mesmo nin se achega ningún tipo de documentación xustificativa que acredite que se cumpran as características de equipamento ao abeiro da MEMORIA TÉCNICA PARA ADQUISICIÓN DE TRITURADORA D E S P R A Z A B L E. CONCLUSIÓN Visto que na documentación achegada por HITRAF, S.A, non dispón da xustificación da relación técnica das características da maquina ofertada respecto das esixibles ao abeiro das sinaladas na MEMORIA TÉCNICA PARA ADQUISICIÓN DE TRITURADORA DESPRAZABLE, e que a xustificación técnica unicamente está sostida nunha afirmación de carácter xeral de que a máquina ten iguales características ao abeiro do presuposto achegado e adxunto, este informe considera que a documentación presentada pola empresa non da resposta ao requirimento de cumprimento, e polo tanto, non se considera xustificada adecuadamente a oferta presentada. Polo tanto dáse traslado do presente informe ao órgano de contratación para a súa consideración no procedemento de contratación Documento asinado electrónicamente O Arquitecto Asdo. ANTONIO LOPEZ RODRÍGUEZ