Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE MONFERO (A Coruña) CERTIFICACIÓN Baldomero Beceiro Alonso, SECRETARIO-INTERVENTOR DO CONCELLO DE MONFERO (A CORUÑA) CERTIFICO: Que o día 02-10-2026, ditouse a Resolución de Alcaldía/Presidencia 314/2026 cuxo contido deseguido transcribo: “RESOLUCIÓN ASUNTO: Contratación de Subministracións: ADQUISICIÓN TRITURADORA DESPRAZABLE EXPEDIENTE: 2026/C005/000001 ANTECEDENTES: Logo de ver a documentación deste expediente de contratación, prego de prescricións técnicas, prego de cláusulas administrativas particulares, informe de Secretaría, informe de fiscalización limitada previa de requisitos básicos da Intervención da fase A de autorización do gasto e demais informes e documentos do expediente para a adquisición de TRITURADORA DESPRAZABLE, cofinanciada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ao abeiro da subvención para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, co financiadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e, tras considerar, á vista das características do contrato, que o procedemento aberto simplificado é o máis adecuado para efectuar a selección do contratista da forma máis áxil, acertada e vantaxosa na procura da mellor relación calidade-prezo, segundo o indicado no art. 145 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público (en adiante LCSP), e tendo en conta o axustado prazo para a xustificación da subvención que o financia, co fin de garantir o seu cumprimento, considero necesario axilizar a tramitación e proceder á avocación das competencias delegadas por esta Alcaldía na Xunta de goberno local para iniciar este expediente de contratación. No uso das atribucións que me outorga a lexislación vixente RESOLVO: 1. Avocar as competencias desta Alcaldía delegadas na Xunta de Goberno Local, mediante a resolución da alcaldía 265/2023, para iniciar a contratación contida neste expediente, núm. da aplicación TeDEC 2026/C005/000001. 2. Xustificar a necesidade da subministración contida na MEMORIA TÉCNICA PARA ADQUISICIÓN DE TRITURADORA DESPRAZABLE, elaborado polo técnico contratado para o efecto, D. Antonio López Rodríguez, por importe de 20.509,50€, á que lle presto aprobación, para dotar á veciñanza e demais usuarias/os das melloras derivadas desta contratación. Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) /se.orefnom.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV oCfvQsVpTWF9/vn1w+ax :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.