PCAP subministr.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ PARA A PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO CON MÚLTIPLES CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE APLICACIÓN AUTOMÁTICA DA SUBMINISTRACIÓN DE DUNHA TRITURADORA DESPRAZABLE PARA O CONCELLO. I ELEMENTOS DO CONTRATO 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO O obxecto deste prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP) é regular a contratación da subministración dunha triturada desprazable, cofinanciada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ao abeiro da subvención para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, co financiadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, con suxeición ao disposto neste PACP e no prego de prescricións técnicas particulares (en diante PPT). Será unha máquina nova. Non se poderán ofertar nin se admitirán usadas ou de segunda man. O conxunto de documentos que compoñen o PPT considérase que forman parte integrante deste PCAP, tendo carácter contractual. A necesidade que se debe satisfacer co contrato é a de maquinaria axeitada e adecuada destinada á realización de traballos de mantemento, conservación e rozas na rede viaria de titularidade municipal, especialmente nos accesos aos núcleos de poboación, e ás labores de mantemento da biomasa en todas as zonas públicas e preventivas de incendios, especialmente nas redes primarias e secundarias de faixas de xestión da biomasa. O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de subministración, de acordo co artigo 16 da Lei 9/2017, de 8 e novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014. A presente contratación ten carácter administrativo, e rexerase en todo o non previsto especialmente neste PCAP polo disposto nas seguintes normas: − Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de febreiro de 2014 sobre Contratación Pública e pola que se derroga a Directiva 2004/18/CE. − Regulamento de Execución (UE) 2016/7 da Comisión, do 5 de xaneiro de 2016, polo que se establece ou formulario normalizado do documento europeo único de contratación. − Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 - LCSP. − Regulamento Xeral da Lei de Contratos dás Administracións Públicas, aprobado mediante Real Decreto 1098/2001, do 12 de Outubro - RGLCAP. Suplementariamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as de dereito privado 1 Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) /se.orefnom.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV pgN90/MB/cTgR3j965cY :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.