Providencia aceptación de proposta e requirimento de documentación

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Vilaboa Expediente núm.: 1723/2026 Procedemento: Contrato. Subministración dun vehículo multifunción articulado Providencia da Alcaldía Vista a acta da mesa de contratación do 24/09/2026 que acordou propoñer a adxudicación a MAQUINARIA AGRICOLA CARPINTERO, S.L. e requirila para que presente no prazo de sete días hábiles a documentación establecida na cláusula 14 do PCAP. De conformidade co establecido na cláusula 14 do prego e o artigo 150 e Disposición Adicional décimo quinta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, Dispoño: PRIMEIRO. Aceptar a proposta de adxudicación efectuada pola mesa de contratación. SEGUNDO. Requirir á empresa MAQUINARIA AGRICOLA CARPINTERO, S.L. para que no prazo de sete (7) días hábiles contados desde o seguinte a aquel no que recibira o requirimento, presente a seguinte documentación: ► Garantía Definitiva: 5 por 100 do importe do prezo final ofertado polo licitador, excluído o imposto sobre o valor engadido. ► Ter subscrito un seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos que poidan derivarse das súas actuacións, mediante póliza por unha contía mínima de 300.000 euros. ► Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. -Solvencia financeira: a) Contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán aportar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referido aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades da empresa. Deberá acreditarse un volume anual de negocios igual ou superior ao 50 % do prezo dunha anualidade do contrato IVE excluído. -Solvencia técnica e profesional: A solvencia técnica e profesional acreditarase polos seguintes medios: Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha Concello de Vilaboa C/ Toural, 1, Vilaboa. 36141 Pontevedra. Tfno. 986708215. Fax: 986708387 ZRLGDF56SLLYLXYDR4EZA69Z9 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.aobaliv//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Concello de Vilaboa declaración do empresario; no seu caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. Deberá acreditarse de forma inescusable a prestación dunha subministración similar á do obxecto do contrato para a lo menos, a un cliente, nos últimos tres anos e por importe igual ou superior ao 50 % do valor estimado do contrato. Vilaboa (Asinado dixitalmente á marxe) Concello de Vilaboa C/ Toural, 1, Vilaboa. 36141 Pontevedra. Tfno. 986708215. Fax: 986708387 ZRLGDF56SLLYLXYDR4EZA69Z9 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.aobaliv//:sptth :nóiccerroC 2 a 2 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD