Proposta do servizo con logos.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Nº de expediente: 1662/2026 Proposta de servizo Procedemento: Contrato de subministración por procedemento aberto Asunto: Subministración dun camión equipado con grúa hidraúlica destinado á prevención de incendios forestais. PROPOSTA DE SERVIZO Tendo en conta que a memoriaque consta no expediente xustifica a necesidade. Considérase que hai a seguinte necesidade de satisfacción: O municipio presenta unha combinación territorial que incrementa o risco potencial de incendios e exixe unha capacidade preventiva reforzada: • Amplas superficies rurais e forestais. • Zonas de interface urbano-forestal próximas a vivendas. • Rede extensa de camiños rurais e pistas forestais. • Incremento de episodios de altas temperaturas e secas prolongadas. Ademais dos núcleos de poboación, o termo municipal conta con zonas de actuación estratéxicas de elevada relevancia, entre as que destacan tres polígonos industriais, que concentran: • Actividade económica continua. • Infraestruturas enerxéticas e loxísticas. • Naves industriais e almacenamento de materiais. • Tránsito frecuente de vehículos pesados. Estes espazos requiren un nivel de prevención superior, dado que: • A presenza de vexetación en parcelas perimetrais pode facilitar a propagación cara a instalacións industriais. • A acumulación de restos vexetais en cunetas e zonas limítrofes incrementa o risco. • Un incendio nestas áreas tería un impacto económico e ambiental considerable. Aínda que o desbroce realízase con medios propios, incluída a miniexcavadora adquirida no exercicio anterior, persisten limitacións operativas: • Acumulación de restos vexetais tralos traballos. • Dificultade para retirar madeira e troncos de maior diámetro. 53KK9SE9N3L36PYC5RAFXTYR9 :nóicadilaV .dóC /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 3 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD • Necesidade de recorrer a contratación externa para carga e transporte. • Risco de que a biomasa permaneza no terreo durante perigos prolongados. Esta situación impide unha prevención integral e especialmente eficaz en áreas sensibles como os polígonos industriais, onde a redución total da carga combustible é esencial para garantir a seguridade de persoas, instalacións e actividade económica. A incorporación dun camión con guindastre hidráulica e pinza forestal permite completar o ciclo operativo: recollida, carga e transporte inmediato de ramas, restos vexetais e troncos de maior diámetro. A guindastre posibilita a carga autónoma sen maquinaria auxiliar e a pinza garante unha manipulación segura e eficiente de biomasa irregular. Desde o punto de vista técnico, trátase do medio adecuado para retirar grandes volumes en menos tempo, reducir desprazamentos e asegurar unha limpeza integral, especialmente en zonas estratéxicas como núcleos e polígonos industriais. A súa adquisición é necesaria e complementaria á maquinaria actual da que dispón o servicio para que o sistema municipal de prevención sexa completo e efectivo. Características del contrato: Tipo de contrato: Contrato de Subministro Obxecto do contrato: Subministración dun camión equipado con grúa hidraúlica destinado á prevención de incendios forestais. Procedimiento de contratación: abierto Tipo de Tramitación: ordinaria Código CPV: 34142000.- Camións grúa e camións volquetes 34144210.- Vehículos de extinción de incendios 34144213.- Vehículos de extinción de incendios 34144200.- Vehículos para servizos de emerxencia

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.