Decreto de Alcaldia de inicio.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Expediente n.º: 1662/2026 Resolución con número y fecha establecidos al margen Procedimiento: Subministro dun camión equipado con grúa hidraúlica destinado á prevención de incendios forestais. RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Á vista da memoria xustificativa da necesidade de contratación. Considérase que hai a seguinte necesidade de satisfacción: O municipio presenta unha combinación territorial que incrementa o risco potencial de incendios e exixe unha capacidade preventiva reforzada: • Amplas superficies rurais e forestais. • Zonas de interface urbano-forestal próximas a vivendas. • Rede extensa de camiños rurais e pistas forestais. • Incremento de episodios de altas temperaturas e secas prolongadas. Ademais dos núcleos de poboación, o termo municipal conta con zonas de actuación estratéxicas de elevada relevancia, entre as que destacan tres polígonos industriais, que concentran: • Actividade económica continua. • Infraestruturas enerxéticas e loxísticas. • Naves industriais e almacenamento de materiais. • Tránsito frecuente de vehículos pesados. Estes espazos requiren un nivel de prevención superior, dado que: • A presenza de vexetación en parcelas perimetrais pode facilitar a propagación cara a instalacións industriais. • A acumulación de restos vexetais en cunetas e zonas limítrofes incrementa o risco. • Un incendio nestas áreas tería un impacto económico e ambiental considerable. Aínda que o desbroce realízase con medios propios, incluída a miniexcavadora adquirida no exercicio anterior, persisten limitacións operativas: • Acumulación de restos vexetais tralos traballos. • Dificultade para retirar madeira e troncos de maior diámetro. • Necesidade de recorrer a contratación externa para carga e transporte. OTERCED GHQDAG7DWRHR6EDC3EM3LYED5 :nóicadilaV .dóC 6202/90/32 :ahceF 2470-6202 :oremúN /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 4 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD • Risco de que a biomasa permaneza no terreo durante perigos prolongados. Esta situación impide unha prevención integral e especialmente eficaz en áreas sensibles como os polígonos industriais, onde a redución total da carga combustible é esencial para garantir a seguridade de persoas, instalacións e actividade económica. A incorporación dun camión con guindastre hidráulica e pinza forestal permite completar o ciclo operativo: recollida, carga e transporte inmediato de ramas, restos vexetais e troncos de maior diámetro. A guindastre posibilita a carga autónoma sen maquinaria auxiliar e a pinza garante unha manipulación segura e eficiente de biomasa irregular. Desde o punto de vista técnico, trátase do medio adecuado para retirar grandes volumes en menos tempo, reducir desprazamentos e asegurar unha limpeza integral, especialmente en zonas estratéxicas como núcleos e polígonos industriais. A súa adquisición é necesaria e complementaria á maquinaria actual da que dispón o servicio para que o sistema municipal de prevención sexa completo e efectivo. Características do contrato: DENOMINACIÓN Subministración dun camión equipado con grúa hidraúlica destinado á prevención de incendios forestais (expte. 1662/2026) CPV 34142000.- Camións grúa e camións volquetes 34144210.- Vehículos de extinción de incendios 34144213.- Vehículos de extinción de incendios 34144200.- Vehículos para servizos de emerxencia TIPO DE CONTRATO Contrato de suministro DIVISION EN LOTES No ÓRGANO DE CONTRATACIÓN Xunta de Goberno Local

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.