Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Memoria xustificativa de contrato Subministración de pequeno material/reposición de equipamento para a Brigada municipal de Obras e Servizos e o Servizo municipal de Limpeza (instalacións deportivas) do Concello de Santa Comba (POS25 AD2F) Memoria xustificativa do contrato A publicar no Perfil de Contratante, artigo 63.3 a da LCSP Obra/investimento/Obxecto Subministración de pequeno material/reposición de equipamento para a Brigada municipal de Obras e Servizos e o Servizo municipal de Limpeza (instalacións deportivas) do Concello de Santa Comba Plan/Convenio/Orde Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) POS+ADICIONAL 2/2025 2ª FASE Orzamento total 68831 € (21 % IVE engadido) Valor estimado 51100 € IVE (21 %) 10731 € Esta memoria xustificativa redáctase en cumprimento do artigo 116, (en relación co artigo 28), da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, (BOP núm. 272 do 09/11/2017), (en diante LCSP), e o artigo 73.2 do Real decreto 1098/2011, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (en diante RXLCAP), (BOE núm. 257 do 26/10/2001). 1.- Introdución e a descrición da situación actual 1.1.- A descrición da situación actual. Situación. O equipamento é necesario ante a evidente deterioración e as deficiencias do material existente o que recomenda a súa renovación/ampliación así como para facilitar o traballo de limpeza das instalacións deportivas. Na actualidade a rozadoira de brazo atópase en moi malas condicións de uso, con evidente perigo incluso para o persoal municipal. A súa deterioración é incuestionable e o gasto en reparacións moi custosa. Na mesma situación, atópase o martelo picador instalado na pala JCB 3CX municipal. Por outra banda, o sistema de limpeza das instalacións deportivas está moi anticuado, realizándose manualmente. 1.2.- Os obxectivos que se pretenden acadar co contrato A finalidade desta subministración é dotar ao persoal das ferramentas e os materiais necesarios para realizar eficientemente o mantemento e a reparación de infraestruturas públicas municipais. Isto permitirá a brigada de Obras e Servizos así como ao servizo de Limpeza municipal traballar dun xeito seguro, profesional e no cumprimento das normativas, asegurando a calidade dos servizos que se ofrecen á cidadanía. Páxina 1 de 12 )00:54:21 6202/90/10 :AHCEF( ariednaL ramoR otreblA ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.abmocatnas.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV 7eSVtpRoS8DNzQyEm7Q9 :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.