Decreto alcaldía de rectificación inicio do expediente

Otros Documentos Ver licitación
DECRETO DE RECTIFICACIÓN ERRO MATERIAL NO IMPORTE DA SUBMINISTRACIÓN DECRETO DA ALCALDÍA POLO QUE SE RESOLVE RECTIFICAR UN ERRO MATERIAL NO DECRETO DA ALCALDÍA NÚMERO 1470/2026 DO 01/09/2026, DE INICIO DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, REFERENTE AO IMPORTE TOTAL DA SUBMINISTRACIÓN DE PEQUENO MATERIAL/REPOSICIÓN DE EQUIPAMENTO PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE OBRAS E SERVIZOS E O SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA (INSTALACIÓNS DEPORTIVAS) DO CONCELLO DE SANTA COMBA Expediente Tedec de contratación.: 2026/C005/000001 Número de decreto a rectificar: 1470/2026 do 01/09/2026 Expediente Tedec decreto de rectificación: 2026/G003/001584 FEITOS Logo de ver o decreto da alcaldía número 1470/2026 do 01/09/2026 no que se aproba o inicio do expediente de contratación desta subministración: Subministración Subministración de pequeno material/reposición de equipamento para a Brigada municipal de Obras e Servizos e o Servizo municipal de Limpeza (instalacións deportivas) do Concello de Santa Comba) Persoa técnica redactora Antonio Landeira Blanco, enxeñeiro de Obras Públicas, identificación colexial 26.625 do CITOP Valor estimado do contrato 51100 € IVE (21 %) 10731 € Orzamento base de licitación 61831 € Plan provincial/convenio/orde POS25 AD2F E de ver o erro no importe total da subministración que cómpre rectificar no apartado as características do contrato que se pretende executar A redacción A nova redacción Orzamento base de licitación 68831 € Orzamento base de licitación 61831 € E de ver que se trata dun simple erro material elemental ou de operacións aritméticas que se aprecia tendo en conta exclusivamente os datos do expediente administrativo e non cómpre interpretación xurídica ningunha. CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS 1 As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritmético existentes nos seus actos, ao abeiro do artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante a LPACAP). 2 A doutrina xurisprudencial da S/TS de 27 do maio de 1991 na que se establece que o erro se caracteriza por ser ostensible, manifesto e indiscutible, implicando por si só, a evidencia do mesmo, sen necesidade de maiores razoamentos, e exteriorizándose prima facie pola súa contemplación, requiríndose que concorran, entre outras, a seguinte circunstancia: 1) que se trate de simples erros elementais de nome, datas, operacións aritméticas ou transcrición de documentos. O alcalde é competente para resolver esta cuestión, segundo o artigo 21.s da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (BOE núm. 80 do 03.04.1985); o artigo 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia (DOG núm. 149 do 05/08/1997 e BOE núm. 237 do 03/10/1997) e o artigo 109.2 da LPACAP. Páxina 1 de 4 /se.abmocatnas.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV nZe59kcdTjqgEpwT+QAw :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.