Resolucion aprobacion expediente de contratacion.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Concello de Ortigueira RESOLUCIÓN Expediente núm.: 316/2025 Resolución con número e data establecidos á marxe Procedemento: Contratacións Asunto do Expediente: Suministracion de equipamento para ximnasio piscina municipal (POS 2024) FEITOS E FUNDAMENTOS DE DEREITO ANTECEDENTES Primeiro. Por acordo do Pleno do Concello de Ortigueira, de data 31 de xaneiro de 2024, aprobouse a participación do Concello no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2024 da Deputación Provincial da Coruña, incluíndo entre as actuacións a adquisición de equipamento para as instalacións deportivas municipais, por importe de 35.834,55 euros. Segundo. En relación coa actuación, elaborouse o correspondente proxecto e memoria técnica e económica para a contratación da subministración de equipamento deportivo destinado ao ximnasio da piscina municipal, sendo posteriormente necesario introducir determinadas correccións no documento técnico, sen afectar á natureza, finalidade nin valoración económica da actuación. Por Decreto da Alcaldía núm. 866/2025, de 3 de setembro, aprobouse o proxecto e memoria técnica e económica corrixidos, co código de validación 3MD2AC7YFRKS6L3EMJCNH7P4H. Terceiro. A actuación foi definitivamente aprobada pola Deputación Provincial da Coruña no marco do POS+ 2024, quedando determinado un investimento por importe de 35.834,55 euros, con financiamento íntegro con cargo ao citado plan provincial. Cuarto. Por Providencia da Alcaldía iniciouse o expediente de contratación da subministración de bens para as instalacións deportivas municipais do Concello de Ortigueira, xustificándose a necesidade da contratación e ordenándose a elaboración da documentación necesaria para a súa tramitación. Quinto. Incorporouse ao expediente a memoria xustificativa da necesidade do contrato, así como o prego de prescricións técnicas, o prego de cláusulas administrativas particulares, o cadro de características particulares e o modelo de proposición económica, nos que se determinan as condicións técnicas, económicas e administrativas que rexen a contratación. O orzamento base de licitación ascende a 35.834,55 euros, IVE incluído, dos que 29.615,33 euros corresponden á base impoñible e 6.219,22 euros ao IVE. Concello de Ortigueira Plaza de Isabel II, s/n, Ortigueira. 15330 (A Coruña). Tfno. 981400000. Fax: 981402536 SOTERCED 53MD3PM9G6NEZZDEEX4KFG5J5 :nóicadilaV .doC 6202/90/03 :ataD 0121-6202 :oremúN /se.acinortceledes.arieugitro//:sptth :nóiccerroC 5 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.