PCAP Prego de clausulas subministracion equipamento deportivo.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
Concello de Ortigueira PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES (PCAP) QUE HA DE REXER A CONTRATACIÓN DE SUBMINISTRACIÓNS POLO CONCELLO DE ORTIGUEIRA MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO I. DISPOSICIÓNS XERAIS CLÁUSULA 1. OBXECTO E CUALIFICACIÓN DO CONTRATO 1.1 Obxecto Este prego ten por obxecto regular a contratación das subministracións ás que se refire o epígrafe C do cadro de características particulares (en adiante CCP), con suxeición ás prescricións técnicas particulares aprobadas polo órgano de contratación. O obxecto deste contrato correspondese cos códigos CPV (Vocabulario Común de Contratos) da Comisión Europea que constan no citado apartado “C” do CCP 1.2 Cualificación Este contrato ten a cualificación de contrato administrativo de subministración, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 25 da LCSP. Para os efectos deste prego e da LCSP, están suxeitos a regulación harmonizada os contratos cuxo valor estimado sexa igual ou superior á cantidade que figura no art. 21.1 LCSP. Atendendo o seu valor estimado, este contrato non está suxeito a regulación harmonizada. 1.3 Necesidades administrativas a satisfacer co contrato proxectado. Mediante a execución deste contrato preténdense satisfacer as necesidades administrativas descritas no apartado “C” do CCP 1.4 Lotes. O contrato, de ser o caso, será obxecto de división en lotes nos termos indicados no apartado “C” do CCP No caso de que se previra a división en lotes, poderá impoñerse algunha das limitacións que se recollen a continuación: a) Limitar o número de lotes aos que un mesmo licitador pode formular oferta. b) Limitar o número de lotes que se poden adxudicar a un mesmo contratista. De impoñerse esta limitación, cando un licitador poida resultar adxudicatario dun número de lotes que exceda o máximo indicado no apartado “C” do CCP, o órgano de contratación adxudicará ao seu favor en primeiro lugar aqueles lotes que teñan menor número de ofertas. c) Expor a posibilidade de que os licitadores presenten unha oferta integradora para varios lotes. No apartado “C” do CCP deberase concretar a combinación ou combinacións de lotes para os que se admitirá presentar unha oferta integradora. Deberase neste caso realizar a avaliación comparativa para determinar se a oferta combinada é en conxunto mellor, de acordo cos criterios de adxudicación, que as ofertas presentadas para os lotes de maneira separada. Concello de Ortigueira Plaza de Isabel II, s/n, Ortigueira. 15330 (A Coruña). Tfno. 981400000. Fax: 981402536 4GCPKH25DH7JPHX6YY6SEGXS5 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.arieugitro//:sptth :nóiccerroC 33 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.