2026_C003_000008_PREGO PROCEDEMENTO ABERTO.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO-TIPO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE DEBERÁN DE REXER PARA CONTRATAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO (CON PLURALIDADE DE CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN CON APLICACIÓN DE XUÍZOS DE VALOR E CRITERIOS DE APRECIACIÓN AUTOMÁTICA) DAS OBRAS COMPRENDIDAS NOS PLANS PROVINCIAIS E OUTRAS OBRAS PROVINCIAIS E MUNICIPAIS OBRA: SINALIZACION VERTICAL CONCELLO DE DUMBRIA I.-ELEMENTOS DO CONTRATO. 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO 1.1)Obxecto do contrato. O presente contrato ten por obxecto a execución das obras a que se refire a epígrafe 1 do cadro de características do contrato, con suxeición ao proxecto técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente Estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo básico de Seguridade e Saúde, de acordo co disposto no art. 4 do decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co previsto no art. 4 do RD 105/2008. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forma parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato. Para os efectos do presente prego e da LCSP están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras cuxo valor estimado sexa igual ou superior á cantidade que figura no art. 20.1 LCSP. Neste sentido nas epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato e se está suxeito ou non a regulación harmonizada. 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art. 1.3 e concordantes da LCSP os criterios sociais e ambientais están recollidos no presente prego de maneira transversal, en especial canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución, e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigacións de pago de salarios así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación persoal) e ambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), etc… 1.4) Principios. De conformidade co art. 1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; e de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. 2) PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN DO CONTRATO E TIPO DE LICITACIÓN. 1 /moc.airbmud.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV 2DzHKyHmHueP57wgW0xv :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.