Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Dilixencia acordo contratacion CONTRATACIÓN Expediente: CON2025000066 Referencia interna: 2025/00045006Z - Servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela Tipo de contrato: Servicios Procedemento: Abierto A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 2 de novembro de 2026 adoptou o seguinte acordo: Aprobación do expediente de contratación “Servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela”, cun orzamento base de licitación de 33.820,71 €, IVE engadido. A proposta é do seguinte teor literal: Paz Filloy Mato, Xefa do Servizo de Contratación, consonte o establecido no artigo 175 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, informo: ANTECEDENTES O concelleiro delegado de Economía e Facenda Persoal, Contratación e Modernización da Administración local ditou o día 13/10/2025 resolución de inicio do expediente de contratación do Servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela. No expediente consta, ademais, a seguinte documentación: • Informe de necesidade e idoneidade do contrato (rectificado o día 26/01/2026). • Estudo económico. • Prego de prescricións técnicas. • Proposta de criterios de adxudicación. • Prego de cláusulas administrativas particulares. Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/6 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340611675177454542 Dilixencia acordo contratacion CONTRATACIÓN • Documentos contables RC e informe OXOC artigo 174 TRLRFL. CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS O contrato tipifícase como contrato administrativo (artigo 25. 1. a) da LCSP) de servizos (artigo 17 da LCSP). O contrato rexerase polas normas específicas que regulan o contrato de servizos contidas nos artigos 308 a 315 da LCSP. Para a adxudicación desta contratación aplicarase o procedemento aberto. A tramitación do expediente é ordinaria. Obxecto contrato É obxecto deste contrato a gravación audiovisual, xestión técnica integral, codificación, emisión en tempo real, soporte técnico continuado, almacenamento seguro e difusión a través das plataformas oficiais desta entidade municipal. Este contrato non se divide en lotes. Necesidade do contrato A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece o deber das administracións públicas de implementar mecanismos eficaces que garantan a rendición de contas e o dereito da cidadanía a acceder á información relevante sobre a xestión pública. Segundo indica a propia norma, cando as actuacións das autoridades públicas se someten ao escrutinio cidadán e se ofrece información clara sobre como se toman as decisións, como se administran os recursos públicos ou baixo que criterios actúan as institucións, pode iniciarse un auténtico proceso de resposta institucional a unha sociedade crítica, esixente e comprometida coa participación. Por outra banda, a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, no artigo 25.2.ñ), determina como competencia propia dos concellos a promoción da participación cidadá mediante o uso eficiente e sostible das tecnoloxías da información e comunicación.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.