Acordo X de G emenda

Otros Documentos Ver licitación
Dilixencia acordo A03.SECRETARÍA DA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL EXPEDIENTE: 2025/00045006Z PROCEDEMENTO: P2 - Preparación, xestión e adxudicación do contrato A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 9 de novembro de 2026 adoptou o seguinte acordo: Emenda do erro advertido na cláusula 12 do PCAP, aprobado por acordo Xunta de Goberno local do 2 de novembro de 2026, do expediente de contratación do contrato de “Servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela”, no relativo ao prazo de presentación de ofertas. A proposta é do seguinte teor literal: Paz Filloy Mato, xefa do Servizo de Contratación, consonte o establecido no artigo 175 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídicos das Entidades Locais, INFORMA: A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 2 de novembro de 2026 acordou aprobar o expediente de contratación do contrato de “Servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela” cun orzamento base de licitación de 33.820,71 € (base impoñible de 27.951,00 € máis IVE do 21% de 5.869,71 €) e abrir o procedemento aberto de adxudicación. O PCAP de data 22/09/2026 na cláusula 12. PRAZO E PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS establece: Este contrato non está suxeito a regulación harmonizada, polo que os licitadores disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar as súas propostas, que se contarán dende a publicación do anuncio na PLACSP Segundo o artigo 156.6 da LCSP nos contratos de servizos que no están suxeitos a regulación armonizada, o prazo de presentación de proposicións non será inferior a quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación do contrato no perfil do contratante. Advertido un erro material na dita claúsula 12 do PCAP, e en virtude do establecido no artigo 122.1 da LCSP e no 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a súa subsanación, do seguinte xeito: Este contrato non está suxeito a regulación harmonizada, polo que os licitadores disporán dun prazo de 15 días naturais para presentar as súas propostas, que se contarán dende a publicación do anuncio na PLACSP. Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/2 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340611655256243740

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.