Resolución apertura prazo o 23/11/26 de 9:00 a 15:00 horas

Otros Documentos Ver licitación
Resolución CONTRATACIÓN EXPEDIENTE: 2025/00045006Z PROCEDEMENTO: P2 - Preparación, xestión e adxudicación do contrato Paz Filloy Mato, xefa de servizo de Contratación, consonte os termos establecidos no artigo 175 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, informo: ANTECEDENTES 1. O día 3/11/2026 publicouse no Perfil de Contratante radicado na Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación do contrato de servizos de de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela. A data e hora límite para a presentación de proposicións e ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP) é o día 18 de novembro de 2026 ás 23:59 horas,. 2. Durante o día 18 de novembro de 2026, constatouse a existencia dunha incidencia técnica e interrupción no servizo da PLACSP motivada por tarefas de mantemento e actualización de sistemas. A PLACSP viña avisando na interface de que ía estar inoperativa o mércores 18/11/2026 entre as 19:00 horas e as 22:00 horas aproximadamente. A imposibilidade para presentar oferta estendeuse ata as 24 horas como consta no correo electrónico do día 19/11/2026 do centro de soporte da PLACSP (etiqueta [#LEO_839992] que confirma que as tarefas de mantemento realizadas acabaron sobre as 24 horas do 18/11/2026 aproxidamente impidindo a presentación das ofertas aos licitadores que deixaron a presentación para as útltimas horas do 18/11/2026. A día de hoxe figura aínda interface da PLACSP a seguinte lenda: ATENCIÓN AVISO: El día 18-11-2026 se van a introducir diversas mejoras en la PLACSP orientadas a organismos públicos. Para más información, acuda al apartado Noticias y actualidad. 3. Conta que existen licitadores que non puideron presentar a súa oferta dentro do prazo Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/2 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340723111660124303

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.