Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Informe xustificativo da necesidade e idoneidade da contratación (2F) ÁREA 0. COORDINACIÓN XERAL DAS ÁREAS MUNICIPAIS EXPEDIENTE: 2025/00034420P PROCEDEMENTO: P1 - Previo de necesidades DESCRICIÓN Contrato de servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela. INFORME DE NECESIDADE POLO QUE SE RECTIFICA O ERRO MATERIAL NO INFORME DO 7/10/2025 RESPECTO DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 establece: “Artigo 28.Necesidade e idoneidade do contrato e eficiencia na contratación. 1.As entidades do sector público non poderán subscribir outros contratos que aqueles que sexan necesarios para cumprir e realizar os seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación.” A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece o deber das administracións públicas de implementar mecanismos eficaces que garantan a rendición de contas e o dereito da cidadanía a acceder á información relevante sobre a xestión pública. Segundo indica a propia norma, cando as actuacións das autoridades públicas se someten ao escrutinio cidadán e se ofrece información clara sobre como se toman as decisións, como se administran os recursos públicos ou baixo que criterios actúan as institucións, pode iniciarse un auténtico proceso de resposta institucional a unha sociedade crítica, esixente e comprometida coa participación. Por outra banda, a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, no artigo 25.2.ñ), determina como competencia propia dos concellos a promoción da participación cidadá mediante o uso eficiente e sostible das tecnoloxías da información e comunicación. Así mesmo, o artigo 70 bis, punto 3 desta lei, sinala o deber das entidades locais de fomentar o uso interactivo destas tecnoloxías para facilitar tanto a participación coma a comunicación directa coa veciñanza. Neste marco normativo, e co obxectivo de garantir a máxima transparencia na xestión municipal, o Concello de Santiago aposta pola retransmisión en directo, vía streaming, das sesións plenarias da Xunta de Goberno Local. Esta medida busca facilitar que a cidadanía poida coñecer directamente as decisións máis relevantes que afectan á cidade e aos servizos públicos prestados. Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/7 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340665611120756126

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.