04_Prego_tecnico.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Prego técnico ÁREA 0. COORDINACIÓN XERAL DAS ÁREAS MUNICIPAIS EXPEDIENTE: 2025/00034420P PROCEDEMENTO: P1 - Previo de necesidades DESCRICIÓN Contrato de servizos de retransmisión en directo (streaming) das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela. PREGO DE PRESCRIPCIONES TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE STREAMING, GRAVACIÓN E DIFUSIÓN DAS SESIÓNS PLENARIAS DO CONCELLO 1. OBXECTO DO CONTRATO O presente contrato ten por obxecto a prestación integral do servizo de captación audiovisual, retransmisión en directo (streaming), gravación, publicación e arquivo das sesións plenarias do Concello de Santiago de Compostela, celebradas no Salón de Plenos ou noutros espazos que eventualmente se determinen. 2. CONTEXTO E FINALIDADE A contratación do presente servizo responde á vontade institucional do Concello de Santiago de Compostela de consolidar unha política activa de transparencia, acceso á información e rendición de contas, mediante o uso eficaz e sostible das tecnoloxías da información e comunicación. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece que todas as administracións públicas deben implementar mecanismos eficaces que garantan o dereito da cidadanía a coñecer como se toman as decisións, como se administran os recursos públicos e baixo que criterios actúan as institucións. Pola súa banda, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece no artigo 25.2.ñ) que os concellos teñen entre as súas competencias propias a promoción da participación cidadá mediante o uso das tecnoloxías da información. Neste marco normativo e institucional, o Concello de Santiago aposta pola retransmisión en directo (vía streaming) das sesións plenarias ordinarias e extraordinarias; ao tratarse dunha ferramenta clave para garantir que a cidadanía poida coñecer, en tempo real, as decisións máis relevantes que afectan á cidade e aos servizos públicos prestados. Finalmente, cómpre sinalar que o Concello non dispón actualmente dos recursos técnicos nin do persoal especializado necesarios para levar a cabo esta cobertura audiovisual con garantías profesionais. Por este motivo, resulta imprescindible recorrer á contratación dunha empresa externa especializada, que permita asegurar a calidade, continuidade e fiabilidade dun servizo esencial para a cidadanía e para a vida institucional do Concello. 3. ALCANCE E DESCRIPCIÓN XERAL DOS SERVIZOS Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/4 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 15704506557571612170

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.