Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE NARÓN FIR$INT_AYT Datos do Expediente: PROCEDEMENTO ABERTO Unidade Tramitadora: Contratacion e Obras Publicas – JAIS Número expediente: Documento:  CON/2026/85  CON1AI02H1 3B3J 4F4W 2J4A 6B2E 0JAL ²3B3J4F4W2J4A6B2E0JALy» ²3B3J4F4W2J4A6B2E0JALy» RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA O xefe do Servizo de Contratación, en data 07 de agosto de 2026, elevou a esta Alcaldía- Presidencia o informe-proposta que di: “Expediente CON/2026/85: Servizo de transporte para o traslado de alumnos e alumnas do programa de natación escolar na piscina cuberta climatizada e das persoas participantes nas andainas organizadas polo Servizo de Deportes do Concello de Narón Asunto: proposta de incoación do expediente En relación ao expediente sinalado no encabezado, emítese informe-proposta en base aos seguintes ANTECEDENTES DE FEITO Pola xefa da Sección de Deportes emitiuse, en data 05 de agosto de 2026, un informe de necesidade para proceder á contratación do servizo denominado “Servizo de transporte para o traslado de alumnos e alumnas do programa de natación escolar na piscina cuberta climatizada e das persoas participantes nas andainas organizadas polo Servizo de Deportes do Concello de Narón”. Resultan de aplicación, a efectos de iniciarse o expediente encamiñado á adxudicación desta subministración, os seguintes FUNDAMENTOS DE DEREITO Prescribe o artigo 116.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP, no sucesivo): A celebración de contratos por parte das Administracións Públicas requirirá a previa tramitación do correspondente expediente, que se iniciará polo órgano de contratación motivando a necesidade do contrato nos termos previstos no artigo 28 desta Lei e que deberá ser publicado no perfil de contratante. Dispón o art. 28.1, ao que se remite o precitado artigo 116: As entidades do sector público non poderán celebrar outros contratos que aqueles que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación. 14 CONCELLO DE NARÓN Concello de Narón - Praza de Galicia S/N - 981 33 77 00 - Narón

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.