PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Complexo Polideportivo Municipal da Gándara – Estrada da Gándara nº 148 - 15570 NARÓN Tlf. 981-387522 Fax. 981-387632 E-mail: p.deportes@naron.es P.D.N. / M.S.R PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES NAS ACTIVIDADES DE NATACIÓN ESCOLAR E ANDAINAS, ORGANIZADAS POLO SERVIZO DE DEPORTES DO CONCELLO DE NARON 1.-OBXECTO 1.1.- É obxecto do presente prego de cláusulas técnicas particulares a contratación da prestación do servizos de transporte por estrada de persoas participantes en actividades organizadas polo Servizo de Deportes do Concello de Narón. Este servizo inclúe dúas tipoloxías de desprazamentos. a) Recollida e traslados dos alumnos e alumnas dende os Centros Educativos do Narón, que participan no Programa gratuíto de Natación Escolar, que cada ano oferta a Concellería de Deportes e que ten lugar na piscina polivalente do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara. Regreso aos colexios. b) Traslados das persoas participantes nas andainas que cada ano, organiza a Concellería de deportes. 2.- PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO Este contrato terá unha duración de dous anos, que comenzará previsiblemente o día 1 de decembro de 2026 (ou dende o día sinalado na acta de inicio), e rematará previsiblemente o 30 de novembro do ano 2028, sendo por tanto a duración deste de dous anos, podendo ser prorrogado ata dous anos mais. 3.- LUGAR DE EXECUCIÓN DO CONTRATO Neste contrato, haberá dous tipos de traslados: por unha parte os desprazamentos de alumnos/as e mestres/as dende os diferentes colexios de Narón ata o Complexo Polideportivo Municipal da Gándara e viceversa, para a participación no programa gratuíto de Natación Escolar ofertado polo Concello e por outro lado os desprazamentos dentro do municipio de Narón e/ou concellos limítrofes, das 1 Complexo Polideportivo Municipal da Gándara – Estrada da Gándara nº 148 - 15570 NARÓN Tlf. 981-387522 Fax. 981-387632 E-mail: p.deportes@naron.es P.D.N. / M.S.R persoas participantes nas andainas que leva a cabo a Concellería de Deportes de Narón. 4.- XESTIÓN DO CONTRATO A coordinación do contrato dependerá da xefatura da Sección de Deportes, quen poderá designar ao personal técnico e administrativo que a auxilie na coordinación e seguimento da acción. A entidade adxudicataria do contrato, deberá designar unha persoa responsable técnica para as relación co Servizo de Deportes, a cal actuará como interlocutora única e válida ante este, dispoñendo dos instrumentos axeitados para as comunicación (teléfono de contacto, correo electrónico…) Dita persoa interlocutora deberá de ter: - Coñecemento do servizo que se pretende contratar en todas as súas variables (cronograma, equipamento, seguimento, etc.) - Capacidade executiva na toma de decisión para tratar as necesidades que se vaian detectando, e de resolución de problemas que puidesen surxir. - Disponibilidade para facilitar o traballo de seguimento e avaliación da acción polo Servizo de Deportes. - Disposición de manter as xuntanzas que lle sexan requeridas polo Servizo de Deportes. - Capacidade para atender ás reclamación e incidencias que poidan presentarse, segundo o caso, de forma presencial ou escrita. - Control sobre a puntualidade do persoal da empresa na execución do servizo. - Comunicar todas aquelas circunstancias que incidan de modo relevante no obxecto do contrato. - Capacidade para a emisión de informes de avaliación do conxunto da actividade.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.