PCAP.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
CONCELLO DE NARÓN Datos Do Expediente: PROCEDEMENTO ABERTO Unidade Tramitadora: Contratacion e Obras Publicas – JAIS Número expediente: Documento:  CON/2026/85  CON1AI02RX 1Z73 3X4G 0T5T 394V 10GO ²1Z733X4G0T5T394V10GO%» ²1Z733X4G0T5T394V10GO%» PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ O CONTRATO DO SERVIZO DENOMINADO “SERVIZO DE TRANSPORTE PARA ALUMNOS E ALUMNAS DO PROGRAMA DE NATACIÓN ESCOLAR NA PISCINA CUBERTA CLIMATIZADA E DAS PERSOAS PARTICIPANTES NAS ANDAINAS ORGANIZADAS POLO SERVIZO DE DEPORTES” POR PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN CADRO DE CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. Definición do obxecto do contrato e necesidades administrativas a satisfacer Constitúe o obxecto do contrato a prestación dos seguintes servizos: - Servizo de transporte para os alumnos participantes no programa de natación escolar ofertado anualmente polo Concello de Narón. - Servizo de transporte para as persoas participantes nas “andainas” organizadas polo Servizo de Deportes. División en lotes: NON CPV: 60100000-9 - Servizos de transporte por estrada 60112000-6 - Servizos de transporte pola vía pública Necesidades administrativas: de conformidade co informe emitido pola xefa da Sección de Deportes, en data 05 de agosto de 2026, a licitación deste Servizo de transporte resulta necesaria co obxecto de conseguir o fomento da actividade deportiva, tanto para os rapaces e rapazas dos colexios de Narón a través do programa gratuíto de natación escolar, como tamén para todas as persoas interesadas en participar nas andainas que durante a primavera/verán de cada ano organiza o Servizo de Deportes do Concello de Narón. 2. Órgano de contratación De conformidade coa Disposición adicional segunda da LCSP, a alcaldía é o órgano competente para a realización de cantas funcións lle atribúa o ordenamento xurídico en calidade de tal. 134 CONCELLO DE NARÓN Concello de Narón - Praza de Galicia S/N - 981 33 77 00 - Narón CONCELLO DE NARÓN 3. Valor estimado e orzamento do contrato Valor estimado: O valor estimado desta contratación, ascende a cincuenta e cinco mil catrocentos cincuenta e oito euros con setenta e dous céntimos (55.458,72 €). O cálculo deste valor baséase, conforme ao establecido no art. 101 da LCSP, no importe total a pagar, sen imputarse o IVE, xunto coas eventuais prórrogas do contrato. O orzamento base de licitación, incluíndo o IVE (10 por cento), alcanza o importe de trinta mil quinientos dous euros con trinta céntimos (30.502,30 €). Establécense os seguintes tipos de licitación (sen incluír o IVE correspondente ao 10%): Prezo unitario de servizo de autocar: 149,53 € Prezo unitario de servizo de midibús: 127,85 € Prezo unitario de servizo de minibus: 97,48 € O estudo de costes adxunto a este prego detalla o cálculo destes importes. 4. Prazo de duración Establécese un prazo de duración deste contrato de 2 anos, a contar desde o día que se indique no documento de formalización do contrato. Prevese a posibilidade de prórroga do contrato, por un prazo mínimo dun mes e ata un máximo de dous anos adicionais. 5. Prazo de garantía Establecese un prazo de garantía de seis meses, a contar dende a data formal de recepción, de acordo coa cláusula 39ª. 6. Procedemento e criterios de adxudicación Tramitación: Ordinaria Procedemento: aberto Criterios de adxudicación: Aténdese a unha pluralidade de criterios 7. Garantía provisoria Non procede. 8. Garantía definitiva 5% do orzamento máximo de licitación, IVE excluído.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.