Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Informe xustificativo da necesidade e idoneidade da contratación (2F) COMUNICACIÓN E PROTOCOLO EXPEDIENTE: 2026/00045257P PROCEDEMENTO: P1 - Previo de necesidades DESCRICIÓN Servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago de Compostela A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 establece: “Artigo 28.Necesidade e idoneidade do contrato e eficiencia na contratación. 1.As entidades do sector público non poderán subscribir outros contratos que aqueles que sexan necesarios para cumprir e realizar os seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación.” 1. UNIDADE RESPONSABLE DO SEGUIMENTO E SUPERVISIÓN DA CONTRATACIÓN Coordinación Xeral 2. TIPO E SUBTIPO DE CONTRATO Contrato de servizos. Servizos de publicidade e comunicación. De conformidade co establecido no artigo 17 da LCSP, o presente contrato cualifícase como un contrato administrativo de servizos, ao ser o seu obxecto unha prestación de facer consistente no desenvolvemento dunha actividade, distinta a unha obra ou subministración. 3. XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE As Festas do Nadal constitúen unha manifestación cultural de relevancia para o Concello, cunha ampla participación cidadá e cun notable impacto social. Así mesmo, supoñen un importante pulo á economía local, que beneficia especialmente sectores como a hostalería, o comercio e as industrias culturais e favorece o tecido produtivo do municipio. A programación das Festas Nadal, que se desenvolverán durante o mes de decembro e ata o 6 de xaneiro, inclúe actividades para todos os públicos, o que converte esta celebración nun espazo de encontro e convivencia que reforza o sentimento de identidade e pertenza entre a cidadanía e dinamiza a vida social compostelá. Con esta iniciativa, o Concello reafirma o seu compromiso coa cultura e o lecer accesible, e Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/5 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal CSV: 16340666120362601450

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.