Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Dilixencia acordo contratacion CONTRATACIÓN Expediente: CON2026000070 Referencia interna: 2026/00045719X - Servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago de Compostela Tipo de contrato: Servicios Procedemento: Abierto Simplificado Abreviado A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 9 de novembro de 2026 adoptou o seguinte acordo: Aprobación do expediente de contratación do Servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago de Compostela, cun orzamento base de licitación de 71.639,62 €, IVE engadido. A proposta é do seguinte teor literal: Paz Filloy Mato, Xefa do Servizo de Contratación, consonte o establecido no artigo 175 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, informo: ANTECEDENTES O concelleiro delegado de Economía e Facenda Persoal, Contratación e Modernización da Administración local dita o 01/10/2026 resolución de inicio do expediente de contratación do Servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago de Compostela. No expediente consta, ademais, a seguinte documentación: • Informe identificativo da necesidade e idoneidade do contrato • Estudo económico • Prego de prescricións técnicas • Propostas de criterios de adxudicación • Documentos contables RC e informe OXOC • Prego de cláusulas administrativas particulares Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/4 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340611510623151436 Dilixencia acordo contratacion CONTRATACIÓN • Informe da Asesoría Xurídica CONSIDERACIÓNS O contrato tipifícase como contrato administrativo (artigo 25. 1. a) da LCSP) de servizos (artigo 17 da LCSP). Para a adxudicación desta contratación aplicarase o procedemento aberto simplificado do artigo 159.6 da LCSP. A tramitación do expediente é ordinaria. O contrato rexerase polas normas específicas que regulan o contrato de servizos contidas nos artigos 308 a 313 da LCSP. O contrato ten por obxecto a prestación do servizo de publicidade institucional con motivo da programación das Festas do Nadal 2026 nos principais medios de comunicación que abordan o ámbito municipal. O contrato consistirá nun servizo integral que incluirá a contratación dos espazos publicitarios precisos para o seu desenvolvemento. O contratista deberá efectuar a planificación da campaña de promoción; a compra de espazos publicitarios e soportes; a obtención de todas as autorizacións e licenzas, tanto oficiais como particulares, que se requiran para a execución plena do servizo; e a execución das accións publicitarias. A finalidade perseguida mediante este contrato é levar a cabo a mellor estratexia para a transmisión da información en medios de comunicación, tales como prensa escrita e dixital, internet e radio, co obxectivo de acadar unha maior eficiencia e rendibilidade na execución de recursos económicos públicos, así como incrementar a difusión da información. A creatividade da campaña de publicidade e as adaptacións proporcionarase desde o Concello de Santiago. Este contrato é necesario xa que as Festas do Nadal constitúen unha celebración de

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.