Estudio Económico

Otros Documentos Ver licitación
Estudo economico (1F) COMUNICACIÓN E PROTOCOLO EXPEDIENTE: 2026/00045257P PROCEDEMENTO: P1 - Previo de necesidades DESCRICIÓN Servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago de Compostela 1. OBXECTO O informe económico ten como obxectivo establecer con rigor e precisión o prezo base para a licitación pública da contratación do servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago. O contrato consistirá nun servizo integral que incluirá a contratación dos espazos publicitarios precisos para o seu desenvolvemento. A creatividade da campaña de publicidade e as adaptacións proporcionaranse desde o Concello de Santiago. Neste contexto, os obxectivos específicos do presente estudo económico son: 1. Determinar o presuposto base de licitación para o servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 2. Establecer o valor estimado do contrato conforme ao disposto no artigo 101 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público (no sucesivo, LCSP). 3. Xustificar de forma técnica e detallada a viabilidade económica do servizo proposto, conforme ao artigo 116 do Real Decreto 500/1990, relativo á fiscalización previa do gasto público. A duración prevista do contrato será dende a adxudicación ata a data de presentación do dossier final, tendo que executarse o total do Plan de Medios durante o mes de decembro de 2026 e ata o 5 de xaneiro de 2027, segundo o previsto no PPT. Non se prevé ningún tipo de prórroga. 2. NECESIDADE E ADECUACIÓN LEGAL A contratación proposta fundaméntase nos preceptos recollidos por varios textos legais como a lei 29/2005 de Publicidade e comunicación institucional, que recolle no seu artigo 3 como un dos obxectivos das campañas das administración públicas a comunicación de programas e actuacións públicas de relevancia e interese social. Así mesmo, a lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, no seu artigo 69.1 sinala que as corporacións locais facilitarán a máis ampla información sobre a súa actividade e a participación de toda a cidadanía na vida local; e o artigo 25 establece como unha atribución das entidades locais a información e promoción das distintas accións ou actividades que organicen. Tamén a lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, se pronuncia do mesmo xeito ao establecer como deber das administracións o fomento da participación e o acceso á información da cidadanía. Por todo o exposto, a Alcaldía do Concello de Santiago considera xustificada e necesaria a promoción das Festas do Nadal nos medios de comunicación ao tratarse Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/4 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340665420502203641

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.