04_Prego_tecnico nadal.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Prego técnico COMUNICACIÓN E PROTOCOLO EXPEDIENTE: 2026/00045257P PROCEDEMENTO: P1 - Previo de necesidades DESCRICIÓN Servizo de publicidade institucional con motivo da programación das festas do Nadal 2026 do Concello de Santiago de Compostela 1. CONTEXTO As Festas do Nadal constitúen unha manifestación cultural de relevancia para o Concello, cunha ampla participación cidadá e cun notable impacto social. Así mesmo, supoñen un importante pulo á economía local, que beneficia especialmente sectores como a hostalería, o comercio e as industrias culturais e favorece o tecido produtivo do municipio. A programación das Festas Nadal, que se desenvolverán durante o mes de decembro e ata o 6 de xaneiro, inclúe actividades para todos os públicos, o que converte esta celebración nun espazo de encontro e convivencia que reforza o sentimento de identidade e pertenza entre a cidadanía e dinamiza a vida social compostelá. Con esta iniciativa, o Concello reafirma o seu compromiso coa cultura e o lecer accesible, e proxecta unha imaxe de Compostela como unha cidade activa, creativa e aberta tanto á veciñanza como a visitantes, coa importancia, así mesmo, de facelo fóra dos meses estivais. A promoción institucional contribúe, así mesmo, á preservación e posta en valor das tradicións culturais locais e reforza o sentimento de identidade e pertenza da poboación. A promoción das Festas do Nadal a través dos medios de comunicación ten como obxectivo poñer en valor unha celebración que foi gañando relevancia nos últimos e anos e garantir o seu adecuado coñecemento por parte da cidadanía. Neste sentido, a lei 29/2005 de Publicidade e comunicación institucional recolle no seu artigo 3 como un dos obxectivos das campañas das administración públicas a comunicación de programas e actuacións públicas de relevancia e interese social. Así mesmo, a lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, no seu artigo 69.1 sinala que as corporacións locais facilitarán a máis ampla información sobre a súa actividade e a participación de toda a cidadanía na vida local; e o artigo 25 establece como unha atribución das entidades locais a información e promoción das distintas accións ou actividades que organicen. Tamén a lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, se pronuncia do mesmo xeito ao establecer como deber das administracións o fomento da participación e o acceso á información da cidadanía. Por todo o exposto, a Alcaldía do Concello de Santiago considera xustificada e necesaria a promoción das Festas do Nadal nos medios de comunicación ao tratarse dunha actuación de interese xeral que contribúe ao desenvolvemento cultural, social e económico do Concello, aliñada cos obxectivos e competencias municipais. 2. MARCO NORMATIVO O marco normativo intégrase, ademais de polas leis xa referidas, polas seguintes normas: Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/6 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340665357753713162

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.