estudo viabilidade

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> 15270 Cee (A Coruña) correo@cee.gal www.cee.gal ## ASUNTO: ESTUDO ECONÓMICO E DE VIABILIDADE EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 2026/C004/000005 Este estudo realízase para dar cumprimento á esixencia do artigo 100.2 da LCSP e co fin de que o orzamento base de licitación sexa adecuado ós prezos de mercado. ## 1.- Coste de persoal Aplícase a táboa salarial do convenio Provincial de Edificación e Obras Públicas da Coruña, ano 2026 (Anexo I), publicado no BOP nº. 231 de 2 de decembro de 2025. A dedicación do persoal ao contrato estímase nunha media de aproximadamente 5 horas diarias por operario, en función das necesidades reais do servizo, frecuencias de limpeza e distribución das praias. - A distinta frecuencia de actuación segundo praias Esta dedicación responde a: - A combinación de tarefas manuais e mecánicas En consecuencia, o custo de persoal calcúlase en base a unha dedicación parcial efectiva, sen que sexa necesaria a ocupación completa da xornada laboral, o que permite optimizar os recursos e adecuar o custo ao volume real de traballo. - A organización do servizo en franxas horarias de menor afluencia ## 1.1.- CUSTE DE REFERENCIA (CONVENIO) Peón ordinario | CONCEPTO | € | |-----------------------------|-------------| | Salario según convenio | 21.270,94 € | | Seguridade Social (Empresa) | 6.774,79 | | COSTE TOTAL ANUAL | 28.045,73 € | | COSTE/HORA | 16,16 €/h. | ## Oficial de 1ª (tractorista) | CONCEPTO | € | |------------------------|-------------| | Salario según convenio | 22.847,14 € | | Seguridade Social | 7.276,81 € | | COSTE TOTAL ANUAL | 30.123,95 € | | COSTE/HORA | 17,35 €/h. | ## 1.2.- DIMENSIONAMENTO DO PERSOAL | CONCEPTO | VALOR | |----------------------|---------| | Nº. operarios | 2 | | Duración do contrato | 3 meses | | Dedicación diaria | 5 h/día | | Xornadas estimadas | 90 días | <!-- image --> ## 1.3.- CÁLCULO DO CUSTE TEÓRICO | CONCEPTO | IMPORTE | |-----------------------------------|-----------| | Horas por operario | 450 h | | Coste/hora referencia | 16,16 €/h | | Coste teórico por operario | 7.272 € | | Coste teórico total (2 operarios) | 14.544 € | ## 1.4.- CUSTE IMPUTADO AO CONTRATO | CONCEPTO | IMPORTE | |------------------------|-------------| | Coste mensual estimado | 1.720,47 € | | Nº operarios | 2 | | Duración | 3 meses | | COSTE TOTAL IMPUTADO | 10.322,84 € | ## 1.5.- XUSTIFICACIÓN DO CUSTE IMPUTADO O custo imputado ao contrato non se obtén mediante a aplicación dun porcentaxe sobre o custo teórico, senón mediante a estimación das necesidades reais do servizo. A partir do custo/hora de referencia, calcúlase o custo teórico en función das horas de dedicación previstas (5 horas/día), obténdose un valor aproximado. Non obstante, dado que o servizo non presenta unha carga de traballo uniforme nin continua ao longo da xornada, e existe unha optimización na organización dos medios persoais (adaptación de horarios, combinación de tarefas e variación de frecuencias entre praias), o custo efectivo imputado redúcese a un nivel coherente co volume real de traballo. En consecuencia, adopta-se un custo mensual por operario que reflicte o custo real de execución do servizo, en liña cos prezos de mercado e coa natureza do contrato. ## 1.6.- ORGANIZACIÓN DOS MEDIOS PERSOAIS O servizo prestarase cun mínimo de dous operarios a xornada completa. Dada a natureza do servizo, na que o uso de maquinaria (tractor pala) se limita a actuacións puntuais (cribado inicial e intervencións ocasionais), non se considera necesaria a adscrición permanente dun operario con categoría exclusiva de tractorista. En consecuencia, un dos operarios adscritos ao servizo contará coa formación e habilitación necesaria para o manexo da maquinaria, asumindo estas funcións de forma puntual cando sexa necesario, combinándoas coas tarefas propias de limpeza manual. Esta organización permite unha optimización dos recursos humanos e unha correcta execución do servizo, mantendo a eficiencia económica do contrato. 15270 Cee (A Coruña) <!-- image --> ## 2.- Outros costes ## 2.1.- MAQUINARIA E MEDIOS MECÁNICOS | CONCEPTO | € | |----------------------------------------------|---------| | Tractor pala | 900 € | | Camión multiusos | 1.200 € | | Pequena maquinaria (desbrozadoras, soplador) | 500 € | | TOTAL importe | 2.600 € | O uso de maquinaria pesada non se realiza de forma continua, senón que se limita a actuacións puntuais e en determinadas praias, non sendo necesario o seu uso diario nin en toda a superficie de actuación. O custo estimado inclúe a amortización, mantemento e dispoñibilidade da maquinaria durante o período do contrato, calculado en base a un uso parcial e coherente coa natureza do servizo. Así mesmo, inclúese o custo do camión multiusos necesario para o transporte e apoio ás tarefas de limpeza, así como a pequena maquinaria auxiliar imprescindible para a execución dos traballos. ## 2.2.- COMBUSTIBLE | CONCEPTO | € | |------------------------------------|---------| | Consumo de maquinaria e transporte | 1.100 € | O consumo de combustible estímase en base ao uso non continuo da maquinaria, tendo en conta que as tarefas mecánicas se concentran en actuacións puntuais e en determinadas praias. Este custo inclúe tanto o consumo do tractor, como o do vehículo empregado para desprazamentos e transporte de residuos, e a pequena maquinaria, adoptando unha estimación prudente e acorde coa intensidade real do servizo. ## 2.3.- CONSUMIBLES E MATERIAL AUXILIAR | CONCEPTO | € | |---------------------------------------------------|-------| | Bolsas, EPIs, produtos limpeza e ferramenta menor | 725 € | Inclúense nesta partida os materiais consumibles necesarios para a correcta execución do servizo, tales como bolsas de lixo, equipos de protección individual (EPIs), produtos de limpeza para aseos e mobiliario, así como ferramenta menor. 15270 Cee (A Coruña) <!-- image --> Estes custos resultan imprescindibles para garantir a calidade do servizo e o cumprimento das condicións hixiénico-sanitarias esixidas. ## 2.4.- XESTIÓN DE RESIDUOS | CONCEPTO | € | |-------------------------------------|---------| | Transporte e tratamento de residuos | 1.100 € | Os residuos recollidos deberán ser transportados por entidade autorizada e entregados a un xestor autorizado para o seu tratamento. O custo estimado inclúe tanto o transporte dos residuos como a súa xestión final, garantindo en todo momento a trazabilidade e o cumprimento da normativa vixente en materia ambiental. ## 2.5.- ORGANIZACIÓN E APOIO DO SERVIZO | CONCEPTO | € | |-----------------------------------|-------| | Coordinación, supervisión e apoio | 600 € | Inclúese nesta partida o custo asociado á organización e coordinación do servizo, tales como planificación dos traballos, supervisión, control de execución e apoio loxístico. Estes custos permiten garantir unha correcta prestación do servizo e a adaptación ás necesidades cambiantes derivadas das condicións das praias e da afluencia de usuarios. ## 3.- CÁLCULO DO PREZO DE LICITACIÓN O cálculo do prezo de licitación realízase a partir dos custes directos de execución do servizo, aos que se lles engaden os custes indirectos, gastos xerais e beneficio industrial, de acordo coa práctica habitual en contratos de servizos. ## RESUMO DE CUSTES DIRECTOS ## CONCEPTO IMPORTE (€) Persoal 10.322,84 € Maquinaria 2.600 € Combustible 1.100 € Consumibles e material auxiliar 725 € Xestión de residuos 1.100 € Organización e apoio do servizo 600 € TOTAL COSTE DIRECTO 16.447,84 € ## CALCULO DO PREZO DE LICITACIÓN: <!-- image --> Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n 15270 Cee (A Coruña) | CONCEPTO | IMPORTE | |--------------------------------|-------------| | Costes directos | 16.447,84 € | | Custos indirectos (6%) | 986,87 € | | Subtotal (directos+indirectos) | 17.434,71 € | | Gastos xerais (8%) | 1.394,78 € | | Beneficio industrial (5%) | 871,74 € | | Total base de licitación | 19.701,22 € | | IVE (10%) | 1.970,12 € | | Total prezo licitación | 21.671,35 € | ## XUSTIFICACIÓN DOS CRITERIOS DE CÁLCULO ## Custes indirectos (6%) Os custes indirectos aplícanse cunha porcentaxe do 6% sobre os custes directos de execución do servizo (persoal, maquinaria, combustible, consumibles e xestión de residuos), co obxecto de incorporar gastos necesarios para a correcta prestación que non son imputables de forma directa a unha unidade concreta. Esta porcentaxe inclúe, entre outros: -  Supervisión e coordinación dos traballos -  Coordinación en materia de prevención de riscos laborais -  Xestión administrativa e documental -  Seguros e responsabilidades -  Ferramenta menor e consumibles auxiliares A porcentaxe do 6% considérase adecuada e prudente para este tipo de servizos, evitando a infravaloración do custo real de execución e garantindo a correcta prestación do mesmo. ## Amortización e mantemento da maquinaria No presente contrato, o uso de maquinaria pesada (tractor pala) non se realiza de forma continua, senón que se limita a actuacións puntuais, como o cribado inicial dos areais e intervencións ocasionais en determinadas praias. En consecuencia, o custo asociado á maquinaria calcúlase en base a un criterio de uso parcial, incluíndo: -  Amortización dos equipos -  Reposición de elementos de desgaste -  Custes de mantemento preventivo e correctivo -  Custes asociados (seguros, ITV, etc.) <!-- image --> Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n 15270 Cee (A Coruña) CIF: P1502300E A estimación realízase considerando a dispoñibilidade dos medios durante o período do contrato, pero cunha utilización efectiva limitada, acorde coa natureza do servizo. Este criterio permite evitar tanto a infravaloración como a sobreestimación dos custos, garantindo unha valoración equilibrada e realista dos medios mecánicos empregados. ## Gastos xerais (8%) e beneficio industrial (5%) Sobre o custo directo (incluídos os custes indirectos) aplícanse os Gastos Xerais (8%) e o Beneficio Industrial (5%), en liña coa práctica habitual en contratos de servizos de mantemento e limpeza. Os Gastos Xerais responden aos custos estruturais da empresa, tales como: -  Administración xeral -  Custes financeiros e de xestión -  Estrutura organizativa -  Sistemas de calidade e prevención O Beneficio Industrial do 5% establece un marxe moderado e razoable que garante a viabilidade económica da prestación, sen comprometer a competitividade da oferta. O Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) aplícase posteriormente sobre o prezo resultante, sen formar parte do custo nin do marxe, de acordo coa normativa tributaria vixente. En Cee, na data da sinatura dixital Dª Belén Fernández Conde Concelleira delegada de promoción económica.