Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> 15270 Cee (A Coruña) XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE E INSUFICIENCIA DE MEDIOS DA CONTRATACIÓN DO 'SERVIZO DE MANTEMENTO DE PRAIAS, AREAIS E ACCESOS DO CONCELLO DE CEE 2026.' EXPEDIENTE Nº: 2026/C004/000005. ## 1. Preámbulo Debido á súa particular morfoloxía e características espaciais, estas áreas presentan un considerable potencial para a súa utilización por parte da comunidade durante a tempada estival, converténdose en destinos de recreación e ocio de gran interese. Os areais constitúen ecosistemas costeiros de notable relevancia desde unha perspectiva xeomorfolóxica e en termos de biodiversidade. Estes desempeñan un papel significativo na configuración do perfil costeiro do Concello de Cee. Nestes lugares, desenvólvense múltiples actividades, que inclúen o baño, paseos, momentos de descanso e prácticas deportivas, entre outras. É indubidable que as praias atraen a unha cantidade significativa de visitantes durante a tempada estival. As praias do concello de Cee sobres as que se prestará dito servizo serán as indicadas a continuación: - -Praia de Estorde - -Praia de Lires - -Praia de Ameixenda - -Praia de Gures - -Praia de Caneliñas - -Praia da Concha (Cee) ## 2. Exposición de motivos (Necesidade do contrato) No mesmo sentido, a Lei 14/1986, do 26 de abril, xeral de sanidade, no seu artigo 42 establece que os concellos, sen prexuízo das competencias das demais administracións públicas, terán entre outras, a responsabilidade mínima, en relación ó obrigado cumprimento das normas e plans sanitarios, do control sanitario de áreas de actividade físico-deportivas e de recreo. O artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, establece que o municipio exercerá, en todo caso, competencias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, entre outras, en materia seguridade en lugares públicos; protección da salubridade pública e actividades ou instalacións culturais e deportivas e de ocupación do tempo libre. Por último, a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, no seu artigo 115 establece que é competencia municipal manter as praias e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade, así como vixiar a observancia das normas e instrucións ditadas pola Administración do Estado sobre salvamento e seguridade das vidas humanas. Na súa virtude, resulta obxectivo considerar que o Concello de Cee debe manter un Servicio de Limpeza e Conservación de Praias para o desempeño das tarefas que permitan cumprir cos preceptos establecidos na normativa vixente. ## 3. Fines <!-- image --> 15270 Cee (A Coruña) Fax: 981 746 757 www.cee.gal En relación á contratación do servizo de mantemento e limpeza de praias, areais e accesos do concello de Cee 2026, resulta necesario proceder a súa licitación para o cumprimento e realización dos seguintes fins: -  Mantemento en condicións de uso axeitado das instalacións, infraestructuras e recursos municipais. -  Prestación de servizos de limpeza e recollida de residuos -  Posta en valor dos recursos turísticos municipais ## 4. Natureza e extensión das necesidades que se van cubrir maneira precisa o alcance da prestación do servicio de conservación e limpeza das praias. Este servizo desempeña un papel fundamental na promoción do turismo costeiro e na preservación do contorno natural das praias, que son activos vitais para o Concello. A conservación e a limpeza das nosas praias inclúe unha serie de actividades esenciais que van máis alá da simple recollida de residuos. Este servicio implica a xestión integral dos espazos costeiros, abranguendo a limpeza e mantemento das áreas públicas, a xestión adecuada dos residuos sólidos, a supervisión e mellora das instalacións para o confort dos usuarios, así como a preservación da biodiversidade e do ecosistema O contrato que se pretende licitar ten como finalidade principal regular e definir de circundante. Pola súa vez, o contrato busca establecer un marco claro e detallado que defina as responsabilidades e obrigas do prestador do servicio, así como os estándares de calidade e as metas ambientais que se deben cumprir. Dada a natureza do servizo, que inclúe a recollida, transporte e entrega de residuos xerados nos areais, resulta necesario garantir a correcta xestión dos mesmos conforme á normativa vixente, o que xustifica a esixencia de autorizacións administrativas en materia de residuos (transporte e xestión), co fin de asegurar a trazabilidade e destino final dos residuos recollidos, evitando riscos ambientais e incumprimentos da normativa sectorial. Neste contexto, a relevancia dos medios materiais e persoais esixidos xustifícase pola necesidade de garantir unha correcta execución ambiental e operativa do servizo, asegurando o cumprimento das condicións técnicas, sanitarias e de xestión de residuos establecidas. Así mesmo, establécese como condición especial de execución do contrato a obrigatoriedade de garantir a correcta xestión dos residuos recollidos durante a prestación do servizo, conforme á normativa vixente, co fin de asegurar a súa trazabilidade e tratamento axeitado. Con todo, este contrato eríxese como un compoñente fundamental da estratexia municipal para preservar as praias do municipio en condicións óptimas e promover a sustensibilidade durante o tempo de lecer, descanso, esparexemento e turismo. ## 5. Insuficiencia de medios Actualmente esta Administración non dispón dos medios suficientes e permanentes para executar a prestación requirida, tanto en materia de persoal como de recursos materiais. A carencia de medios apropiados e sostenibles afecta directamente á capacidade para levar a cabo o mantemento e a conservación das praias durante a tempada estival, mesmo podería pór en risco a seguridade, a salubridade e a hixiene dos usuarios. Fronte a este escenario, resulta esencial analizar e recoller alternativas que permitan superar estes obstáculos e garantir unha prestación óptima e acorde ás demandas establecidas. En particular, non se dispón de maquinaria específica nin de medios de transporte habilitados para a recollida e traslado de residuos, nin de persoal suficiente para cubrir as necesidades do servizo durante a tempada estival. <!-- image --> ## 6. Xustificación de non-división en lotes 15270 Cee (A Coruña) Fax: 981 746 757 correo@cee.gal www.cee.gal A decisión de non subdividir en lotes susténtase en criterios de coordinación eficiente, programación efectiva e optimización de recursos. A fragmentación das diversas tarefas relacionadas co obxecto do contrato podería dar lugar á dispersión de esforzos e recursos, o que podería prexudicar a eficacia e a eficiencia na execución dos labores requiridos. En lugar diso, búscase unha xestión integrada e cohesionada de todas as tarefas, o que garante un enfoque máis coherente e efectivo na consecución dos obxectivos do contrato. ## 7. Orzamento e Valor estimado do contrato O orzamento para a prestación do servizo de limpeza de praias, IVE engadido (10%) é de 21.671,34 € (19.701,22 € Base imponible + 1.970,12 € de IVE) O valor estimado do seguinte contrato ascende a contía de 59.103,66 €, tendo en consideración as prórrogas(1 ano + 1 ano). ## 8. Xustificación procedemento de contratación. Dado o valor estimado do contrato, inferior aos límites establecidos no artigo artigo 159 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, considérase adecuado tramitar o expediente mediante procedemento aberto simplificado. En Cee, na data da sinatura dixital Alcaldesa do Concello de Cee: Margarita Lamela Louzán.