ppt limpezapraias2026.pdf
Pliego Técnico
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
PREGO PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DO 'SERVIZO DE MANTEMENTO DE PRAIAS, AREAIS E ACCESOS DO CONCELLO DE CEE 2026.'
Subvención que se indica de seguido, ao abeiro das Bases Reguladoras do PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2026 (BOP 196, do 14 de outubro de 2025)
## EXPEDIENTE Nº 2026/C004/000005
## 1. OBXECTO DO CONTRATO:
O contrato que se pretende licitar ten como finalidade principal regular e definir de forma precisa o alcance da prestación do servizo de conservación e limpeza das praias. Este servizo desempeña un papel fundamental no promoción do turismo costeiro e na preservación do entorno natural das praias, que son activos vitais para o Concello.
A conservación e limpeza das praias do Concello de Cee inclúe unha serie de actividades esenciais que van mais alá da simple recollida de residuos. Este servizo implica a xestión integral dos espazos costeiros abarcando a limpeza e mantemento das áreas públicas, a xestión adecuada dos residuos sólidos, a supervisión e mellora dos areais para o confort dos usuarios.
Esta memoria establécese co fin de cubrir as necesidades destes servizos, por non existir persoal suficiente na plantilla municipal para a execución destes traballos.
## Ámbito de actuación:
Os traballos a realizar polo adxudicatario deste contrato teñen como alcance as praias do Concello de Cee e os accesos ás mesmas, que a continuación se relacionan:
- Praia de Estorde
- Praia de Ameixenda
- Praia de Lires
- Praia de Gures
- Praia da Concha (Cee)
- Praia de Caneliñas
## 2. FORMA DE PRESTACIÓN DOS DIFERENTES SERVIZOS:
A Limpeza de Praias consiste na retirada de todo material alleo á area, inclusive limpeza de elementos de mobiliario presente en praias.
## Incluiranse os seguintes traballos:
- -Cribado da area de praia.
- -Retirada de todo o material alleo á area, como plásticos, papeis, desperdicios, algas, cabichas de tabaco, ramaxes, e calquera material putrefactible que poidan aparecer nos areais debido á ondada ou polo depósito das persoas.
- -Retirada de restos existentes nos colectores e papeleiras das praias, así como, limpeza dos mesmos.
- -Limpeza dos W.C sitos na Praia de Estorde.
<!-- image -->
correo @cee.gal
- -Limpeza e mantemento dos accesos ás praias, sexan de escaleira, ramplas ou sendas de camiños, incluíndo pequenos cortes e/ou podas invasivas na anchura dos accesos.
- -Cartelería: sempre que sexa necesario realizarase a limpeza dos carteis informativos de praias.
- -Os operarios/as deben ir equipados coas ferramentas necesarias para depositar os residuos que se van recollendo en bolsas ou cubos, que posteriormente depositarán en colectores de recollida municipal. Os operarios de limpeza tamén serán os encargados do baleirado de colectores de RSU nos areais, a reposición das bolsas nos mesmos e o depósitos dos residuos para a súa posterior clasificación e transporte
- -Todas as actividades realizadas quedarán rexistradas en formato tal que estean dispoñibles en todo momento para información e supervisión dos Servicios Técnicos Municipais e para elo, elaboraranse partes de traballo.
- -Todo o persoal adscrito ao servizo deberá ir uniformado, dunha forma que poida ser identificado por calquera usuario.
- -O desempeño do servizo non debe ocasionar molestias ou menoscabar a seguridade dos usuarios e traballadores.
- -Tanto na modalidade de limpeza mecánica, como manual, débese garantir a retirada total dos residuos aparecidos en superficie ou semienterrados.
- -Os residuos deben ser xestionados conforme á normativa de residuos.
## 3. DESENVOLVEMENTO DOS TRABALLOS
## A. Limpeza manual e mecánica dos areais
A finalidade da limpeza manual e mecánica é a de retirar todos os residuos que estean depositados nos areais; a retirada dos residuos responderá a criterios estritamente hixiénicos, sanitarios, de seguridade, estéticos e ecolóxicos. Con todo, non estará permitido técnicas, tanto manuais como mecánicas, que escondan ou enterren os residuos, aos efectos de enmascarar unha recollida óptima; só se aprobará no marco deste servizo, os métodos e procedementos que teñan por obxecto a retirada total dos residuos.
## Limpeza de praias e areais mediante cribado.
Ámbito: Praia de Estorde, praia de Lires e praia da Concha (Cee)
Realización dun único cribado ao inicio do contrato.
## Retirada de Residuos dos areais
Retirada de todo o material alleo á area, como plásticos, papeis, desperdicios, algas, cabichas de tabaco, ramaxes, e calquera material putrefactible que poidan aparecer nos areais debido á ondada ou polo depósito das persoas.
## Ámbito e frecuencia:
Praia de Estorde: Limpeza do areal da praia de Estorde cunha frecuencia diaria de luns a domingo (ambos inclusive)
Praia de Lires: Comprobación diaria e limpeza do areal da praia de Lires tres días á semana, en días alternos.
<!-- image -->
Praia de Ameixenda: Comprobación diaria da praia de Ameixenda e limpeza cando sexa necesario.
Praia de Caneliñas: Comprobación diaria da praia de Caneliñas e limpeza dous días a semana cun intervalo mínimo de dous días entre cada limpeza.
Praia de Gures: Limpeza dous días a semana, cun intervalo mínimo de dous días entre cada limpeza. Así mesmo deberá comprobarse diariamente a praia e en caso necesario procederase a súa limpeza con carácter excepcional.
Praia da Concha: comprobación diaria da praia da Concha e limpeza do areal da praia da Concha tres días á semana, en días alternos.
## B. VACIADO E LIMPEZA DE PAPELEIRAS E COLECTORES DAS PRAIAS
A empresa adxudicataria será responsable da recollida dos residuos depositados nas papeleiras colocadas na praia e o paseo marítimo e a correcta xestión destes residuos, así como a limpeza das mesmas.
## Ámbito e frecuencia:
Praia de Estorde: Baleiraranse as papeleiras e colectores sitos na Praia de Estorde diariamente, de luns a domingo (ambos inclusive)
Praia de Lires: Baleiraranse as papeleiras e colectores sitos na Praia de Lires cunha frecuencia de 3 días á semana, en días alternos.
## C. LIMPEZA DOS W.C. SITOS NA PRAIA DA ESTORDE
Realizarase a limpeza dos aseos sitos na Praia de Estorde diariamente, de luns a domingo (ambos inclusive)
## D. LIMPEZA E MANTEMENTO DOS ACCESOS ÁS PRAIAS
Limpeza e mantemento coa frecuencia necesaria dos accesos ás praias, sexan de escaleira, ramplas ou sendas de camiños, incluíndo desbroces e/ou podas invasivas na anchura dos accesos.
## Ámbito:
Entorno praias de Estorde, Gures, Ameixenda, Lires, Caneliñas e Cee a determinar polo concello.
## 4. DURACIÓN, FRECUENCIA E HORARIOS
Os traballos de limpeza e conservación das praias do concello de Cee terán unha duración anual máxima de tres meses, entre xuño e setembro (ambos inclusive), en calquera caso, as datas de comezo e finalización serán especificadas pola dirección técnica do concello.
Os horarios dos traballos, en ningún momento deberán influír negativamente nas actividades desenvoltas polos usuarios dos areais, polo que deberán adaptarse ás bandas horarias nas que a afluencia ás praias é mais baixa ou nula, especialmente nas xornadas de bonanza meteorolóxica, tomando como horario crítico ou de non actuación o comprendido entre as 12.00 horas e as 20.00 horas, no que non deberá estar presente nas
<!-- image -->
correo @cee.gal
zonas de baño maquinaria algunha, salvo que se autorice expresamente por parte dos responsables municipais. Si embargo, nesa franxa horaria estará permitido realizar traballos manuais (limpeza manual, xestión de papeleiras, ...).
## 5. MATERIAIS E MEDIOS AUXILIARES:
O adxudicatario deberá aportar cantas ferramentas se precisen para a boa realización do servizo contratado e disporá das reservas correspondentes para suplir as normais incidencias que xurdan.
Entre outros, disporá das seguintes ferramentas normais: carros, cubos, palas, cepillos, recolledores, vasoiras, etc.
A adquisición de todo o material necesario para a prestación do servizo, será por conta e cargo do adxudicatario (bolsas de lixo, materiais de hixiene…)
## 6. MEDIOS PERSOAIS E MATERIAIS
Medios adscritos ao cumprimento do contrato:
## Equipación mínima:
- [ ] 1 Camión multiusos con grúa con potencia superior a 160 CV e un mínimo de 15 m3 de carga.
- [ ] 1 Tractor Pala con potencia superior a 150 CV
- [ ] 2 Desbrozadoras de man.
- [ ] 1 soplador
## Persoal mínimo:
2 Operarios de limpeza de praias a xornada completa.
## Prestación do servizo:
A empresa adxudicataria deberá dispoñer, con carácter previo ao inicio da prestación e durante toda a execución do contrato, das autorizacións administrativas en materia de residuos necesarias para a correcta execución do servizo.
A execución realizarase empregando os medios de transporte e o xestor de residuos identificados na oferta presentada polo adxudicatario.
## En particular:
- Os residuos recollidos deberán ser transportados por entidade autorizada como transportista de residuos non perigosos, inscrita no SIRGa ou rexistro equivalente.
- Os residuos deberán ser entregados a un xestor autorizado, previamente identificado na oferta, ben sexa propio ou a través de terceiro debidamente autorizado.
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº
CIF: P1502300E
15270 CEE (A Coruña)
correo @cee.gal
www.cee.gal
O contratista deberá acreditar documentalmente a entrega dos residuos mediante os correspondentes xustificantes de entrega, garantindo en todo momento a trazabilidade dos mesmos.
Calquera cambio no transportista ou no xestor identificado na oferta deberá ser previamente autorizado polo Concello.
Os medios indicados deberán manterse durante toda a execución do contrato, salvo autorización expresa do Concello.
Asinado dixitalmente o marxe. Alcaldesa do Concello de Cee. Margarita Lamela Louzán,