Acta 3ª de apertura de proposicións

Otros Documentos Ver licitación
ACTA 3ª DE APERTURA DE PROPOSICIÓNS DA CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO CONTRATO DE SERVIZOS DE: LIMPEZA DE EDIFICIOS PÚBLICOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS. Asistentes: Presidente: Pablo Lago Sanmartín, alcalde. Vogais: -. Javier Nieves González, secretario. -. Luis Taboada Hervella, interventor. Secretario: Julio Mallo Nieto, informático municipal. Non asiste: Mª Dolores Torrado Ares, técnica de administración local, por estar de vacacións. En Brión a 25.09.2026, sendo as 10:00 horas se procede na Casa do Concello, ao acto de apertura da documentación requirida pola Mesa de Contratación en sesión do 18.09.2026 ao licitador cuxa oferta se atopa incursa en presunción de anormalidade: LIMPIEZAS SALGADO S.L. A empresa LIMPIEZAS SALGADO S.L. presenta a documentación dentro de prazo e se procede a súa descarga. A Mesa de Contratación por unanimidade, acorda: 1º) Remitir a documentación presentada polo licitador a través da Plataforma de Contratación do Sector Público a informe dos servizos técnicos. Remata o acto sendo as 10,15 horas. Non formulándose reclamación de ningún tipo, esténdese a presente acta que, tras a súa lectura, asina a Mesa de Contratación en proba de conformidade, do que como secretario, certifico. /gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV p8xBvArGzu7bcph2t8Uc :DVC